GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Mariña. O censo electoral aumenta no estranxeiro e baixa na comarca

(16/11/2011)

O censo electoral aumenta no estranxeiro e baixa na comarca

Os votantes que viven noutros países xa supoñen o 11,34% do total

Autor:
s. serantes
Localidade:
viveiro / a voz
Data
16/11/2011

Descontando os que voten por correo, o vindeiro domingo poderán depositar sufraxios electorais na Mariña 62.244 cidadáns maiores de 18 anos de idade. Son os censados residentes nos quince municipios mariñáns, un 2,47% menos que nos comicios xerais do 2004. Tamén poden elixir deputados e senadores outras 7.966 persoas, que viven no estranxeiro pero están censadas na comarca.

En total, o 20-N poderán participar nos comicios 70.210 electores, un 1,02% menos que nas anteriores. A evolución do censo nas tres últimas convocatorias a Cortes xerais permite comprobar que se mantén a tendencia de perda de votantes que viven na Mariña e de aumento dos que residen noutros países. Nestes comicios, os domiciliados no exterior representan o 11,34% do electorado. Case dous puntos porcentuais máis que no 2008, cando supuñan o 9,18%; e tres puntos máis que no 2004, cando eran o 8,59%

Queda por ver como se traduce en participación. As referencias máis inmediatas revelan que nas xenerais do 2008 exerceron o seu dereito ao voto o 78,6% dos electores chamados ás urnas na comarca, mentres nas do 2004 depositaron sufraxios o 79,8%.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas