GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón: "A familia é un actor crave nos procesos migratorios"

(15/11/2011)

Anna Terrón: "A familia é un actor crave nos procesos migratorios"

A secretaria de Estado destaca que agora, cando se rexistra un importante descenso da chegada de inmigrantes, hai que centrar a atención na cohesión social O bispo emérito de Sigüenza-Guadalaxara, monseñor José Sánchez, recibe a Medalla de Honra da Emigración polo seu traballo no ámbito das migracións

14 novembro 2011. A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, recalcou hoxe o papel crave que xoga a familia nos procesos migratorios, "como factor de apoio esencial e tamén como mecanismo de integración de máxima importancia". Anna Terrón fixo estas declaracións na inauguración das xornadas de estudo "Integración en familia. Procesos e tendencias", organizadas pola Asociación Europeos e Fiestra Europea en Madrid.

No acto, a secretaria de Estado sinalou que "a familia é un actor crave nos procesos migratorios. Un proxecto que se afronte en familia ten moitas máis garantías de éxito". Actualmente, a reagrupación familiar é o principal mecanismo de entrada de persoas estranxeiras en España, o que para Anna Terrón "mostra a vontade dos inmigrantes de establecer aquí a súa vida e o seu futuro". Isto debuxa "un novo escenario, cunha redución moi importante da chegada de estranxeiros, que fai que agora centremos a nosa atención en xestionar a integración e a convivencia", agregou. Con este obxectivo implantouse o II Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración, aprobado recentemente, que quere fortalecer a cohesión social, fomentando a igualdade de dereitos, deberes e oportunidades de todos os cidadáns.


Recoñecemento a unha traxectoria

Tras a inauguración das xornadas, Anna Terrón entregou a Medalla de Honra da Emigración, na súa categoría de ouro, a monseñor José Sánchez, bispo emérito de Sigüenza-Guadalaxara, "pola súa dilatada traxectoria no ámbito da migración española en Europa e das migracións internacionais cara a España". A secretaria de Estado destacou "o arduo e difícil traballo desempeñado por José Sánchez nos duros anos da emigración española".

Ata a súa recente xubilación, monseñor José Sánchez foi presidente da Comisión Episcopal de Migracións e membro do Pontificio Consello para a Pastoral dos Emigrantes e Itinerantes. Antes, entre 1960 e 1975, desenvolveu a súa actividade pastoral en Alemaña, sendo capelán dos españois residentes nas diferentes dioceses que ocupou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas