GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Outra mirada da emigración

(11/11/2011)

Outra mirada da emigración

O Simeón amosa as fotografías de Alberto Martí realizadas nos portos

11/11/2011
Outra mirada da emigración 
 Alberto Martí, que colaborou 50 anos en La Voz de Galicia, e Guillermo Escrigas (CGAI) no Simeón.

Segundo afirmou no seu día Otero Pedrayo «en Galicia temos fartura de despedidas, pois é terra de adeuses». Desa cita tirada do discurso de inauguración do ciclo académico 1954-1955 na Universidade de Santiago de Compostela toma o título a exposición que dende onte se pode visitar no Centro Cultural da Deputación. «Os adeuses» é un proxecto do Consello da Cultura Galega en colaboración co CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) e a Fundación Barrié sobre o traballo desenvolvido polo fotoxornalista Alberto Martí (A Coruña, 1922).

Entre 1957 e 1963 o fotógrafo tivo como escenarios destacados para realizar o seu traballo a Estación Martíma de A Coruña e o Porto de Vigo. Dende alí «retratou sistematicamente as caras da xente que marchaba e que retornaba da emigración» e unha selección desas imaxes amósase nesta exposición que achega «unha visión inédita daquela epopeia migratoria». José Caruncho, coordenador da mostra, vencella o traballo de Martí co dos documentalistas Walker Evans ou Dorothea Lange.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas