GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O magosto solidario de Ares recadou 2.000 euros para proxectos en Senegal

(08/11/2011)

O magosto solidario de Ares recadou 2.000 euros para proxectos en Senegal

Autor:
ferrol / a voz
Data de publicación:

O Concello de Ares e a agrupación veciñal AresSolidario organizaron o pasado sábado un magosto no municipio para recadar fondos para os proxectos educativos e sanitarios que promove a oenegué Ecogaia en Senegal. En total, desde a organización cifran en 2.000 euros as axudas recadadas, unha cantidade moi importante tendo en conta que pola situación económica actual os prezos dos produtos de degustación -castañas, licores e sobremesas caseiras- oscilaron entre os 2 e 1 euro.

Desde o Concello tamén queren agradecer a colaboración da Asociación O Tilo, que participou na celebración como encargada de organizar o desfile de carrozas decoradas para a ocasión.

A administración local achegou a súa axuda comprando 300 quilos de castañas á degustación na que participaron empresas e veciños. As botellas de licor foron doadas por firmas da zona e as sobremesas, polos veciños.

Ademais, a xornada tamén contou coa participación de bandas musicais, entre elas, un grupo senegalés que mostrou os bailes típicos do país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas