GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Liga Santaballesa publica un libro DVD dedicado á emigración galega

(07/11/2011)

A Liga Santaballesa publica un libro DVD dedicado á emigración galega

 
 
Sábado, 05.11.2011

A asociación Liga Santaballesa publicou un libro DVD dedicado á emigración cubana dos galegos e galegas procedentes de Vilalba durante o século pasado. O Legado Migratorio Santaballés consta dun DVD que recolle o documental en galego e castelán, un vídeo da súa presentación elaborado pola Fundación TIC, un tráiler, o making off con fotografías da rodaxe e de Santaballa, ademais da peza musical Negra Sombra de Luz Casal. O traballo vai ademais acompañado dun libro, escrito polo historiador Daniel Manuel Vázquez, no que se presenta o traballo feito pola Liga.

A produtora Imaxina contou coa colaboración dos veciños e veciñas da antiga escola habaneira da parroquia para a súa posta en escena. Cunha tirada de 500 copias, repartirase en centros educativos da provincia de Lugo e enviarase a centros e sociedades galegas de toda España e doutros países, fundamentalmente aos do outro lado do Atlántico onde a emigración galega foi máis alta, como Cuba, Arxentina ou Uruguai.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas