GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes queren votar o 20N

(04/11/2011)

Os inmigrantes queren votar o 20N

venres, 04/11/2011| EFE

¡Aquí vivo, aquí voto!, é o lema da campaña que unhas vinte organizacións de inmigrantes puxo en marcha para reivindicar o dereito a elixir aos representantes políticos do país no que viven. Piden que se reformen a Constitución e a Lei de Estranxeiría.
"¡Aquí vivo, aquí voto!", dicen los inmigrantes
.
Os estranxeiros que viven e traballan en España queren ter tamén a posibilidade de elixir aos seus gobernantes. ¡Aquí vivo, aquí voto!, é o lema da campaña que unhas vinte  organizacións de inmigrantes puxo en marcha para reivindicar o dereito a elixir aos representantes políticos do país no que residen.

As organizacións -entre as que se atopan a Federación Estatal de Asociacións de Inmigrantes e Refuxiados en España (Ferine), ACNUR-As Segovias, SOS Racismo, Asociación Marroquí de Dereitos Humanos (AMDH) e Ecoloxistas en Acción- subscribiron un manifesto no que invitan a outras asociacións a defender a iniciativa.

Reclaman o dereito ao sufraxio activo e pasivo para todas as persoas migrantes que residen en España -preto de 2.400.000- e esixen a reforma da Constitución e da Lei de Estranxeiría, entre outras leis.

O escrito critica o uso partidista da migración na campaña e "a utilización da xenofobia para sacar un rédito electoral por parte de distintos partidos políticos".

"O recorte dos servizos públicos afecta en maior medida á poboación inmigrante, esquecéndose de que nos anos do 'milagre económico' foron as persoas migrantes as que contribuíron á creación de riqueza", engade.

Na presentación da campaña, que van difundir a través de conferencias nas súas asociacións, o representante de Ferine Gilberto Torres asegurou que "non foron os inmigrantes os que causaron a crise, senón chibas expiatorios".

Desde a AMDH, Farah Chengly lamentou que en España "só 322.633 estranxeiros poidan votar nos comicios municipais" e que non se siga o exemplo dalgúns países europeos, como Bélxica, onde se recoñece este dereito para a poboación migrante.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas