GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Uruguaios e galegos estrean sede social e cultural

(02/11/2011)

Uruguaios e galegos estrean sede social e cultural

O local atópase na avenida do Xeneral Sanjurjo da Coruña.

 
Autor:
Maruja Campoviejo redac@lavoz.es
Data de publicación:

 «Integrar a uruguaios e galegos e «mostrar o noso agradecemento a Galicia». Isto expón José María Acosta como un dos principais obxectivos do novo centro social e cultural Uruguai-Galicia, do que é presidente e impulsor. As bandeiras unidas de ambos os países lucirán en breve na fachada da sede situada no primeiro C do número 189 da avenida do Xeneral Sanjurjo. Acosta, que leva 18 anos «acá», mostra un local que teñen previsto que sexa inaugurado a mediados deste mes. A este novo centro están a empezar a acudir, sobre todo os fins de semana, tanto uruguaios que viven na cidade como galegos que no seu día foron emigrantes naquel país e un bo número de matrimonios mixtos. «Estiven a mirar e hai catro anos en Coruña había 1.650 uruguaios, pero agora moitos están a regresar», explica a vicepresidenta da nova entidade, María Teresa Berretta Dellacasa. Ela ten unha ampla experiencia sobre emigración: «Os meus pais eran italianos e coa guerra marcháronse a Uruguai; agora, eu vinme aquí cos meus fillos». Sobre ese regreso ao país de orixe achegan un dato: «Cada mes regresan a Uruguai unhas 300 persoas, sobre todo de España, Estados Unidos e Arxentina, e somos un país pequeno, de menos de catro millóns de habitantes». Entre os elementos da decoración do novo centro social e cultural hai uns carteis mostrando como facer mate, ademais de bandeiras, bustos e mapas alusivos a ambos os países. Polo momento están programadas xa dúas actividades: clases de tango e de taekuondo, aínda que a idea é «impartir coñecementos da historia uruguaia e da influencia de España, que á fin e ao cabo está detrás de todo», conclúen tras mostrar os carnés que están a recibir todos aqueles que se van facendo socios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas