GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Burela crea un plan para a integración de inmigrantes

(02/11/2011)

Burela crea un plan para a integración de inmigrantes


Mariñeiros indonesios (Foto: José Mª Álvez)

Mariñeiros indonesios (Foto: José Mª Álvez)

01/11/2011 - El Progreso (Burela)

A concelleira de servizos sociais de Burela, Diana Durán, anunciou onte que mañá, ás 20.00 horas no consistorio, presentarán o primeiro plan municipal de integración de inmigrantes, realizado ao amparo da subvención concedida pola Dirección Xeral de Integración de Inmigrantes do Ministerio de Traballo e Inmigración. «Durante a presentación, expoñeranse os eixes e actuacións que se levan a cabo para acadar unha convivencia intercultural positiva», explicou Durán e engadiu que «despois deste acto oficial haberá unha serie de actividades coa finalidade de divulgar o plan a todos os sectores de poboación do municipio». A este acto está previsto que asista o alcalde, José María González Barcia, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias e o subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe. Ademais, o punto final porao a actuación do grupo caboverdiano, Batuko Tabanka.

Este plan, que xa conta con outras iniciativas anteriores no mesmo sentido, está elaborado co fin de favorecer tanto a integración social dos colectivos integrantes en se, como de sensibilizar aos propios veciños da forma de acollemento e da súa relación co fenómeno da inmigración, promovendo en todo momentos a tolerancia e o respecto cara a estes colectivos.

A poboación empadroada actualmente en Burela ascende a 9.689 persoas e desa cifra total, 1.234 son estranxeiros de 37 nacionalidades diferentes. A edil popular explica que «411 proceden de Cabo Verde, 202 de Perú, 155 de Portugal e 117 de Indonesia e despois as que menos teñen, pero que tamén son importantes porque pasan de 50 persoas son Brasil, Colombia, Uruguay, Marrocos e Senegal».

Ademais desta alta porcentaxe de inmigrantes no padrón burlés, Durán destaca as súas «enriquecedoras aportacións á realidade burelesa», posto que nestes momentos hai tres asociacións culturais de Cabo Verde, unha de Perú e está outra en marcha de Senegal, «algo que deixa patente a importancia de traballar con eles».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas