GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicada a listaxe de persoas admitidas nas bolsas universitarias para fillos, fillas, netos e netas de emigrantes galegos e galegas.

(02/11/2011)

Publicada a listaxe de persoas admitidas nas bolsas universitarias para fillos, fillas, netos e netas de emigrantes galegos e galegas.

 
 
Luns, 31.10.2011

A Secretaría Xeral da Emigración fixo pública a relación de candidatos e candidatas que obtiveron algunha das bolsas para estudos universitarios destinadas a cidadáns e cidadás galegos residentes no Exterior, así como a listaxe de excluídos e excluídas (e a súa causa) e das renuncias. Trátase de axudas individuais para estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional durante o curso 2011-2012.

A relación feita pública cumpre así coa Lei de Transparencia, toda vez que a convocatoria se realizou no pasado mes de xuño e o prazo para a presentación de solicitudes rematou o pasado 6 de agosto. O Consello da Xunta acordara autorizar a adquisición de compromisos de gasto plurianual, por parte da Secretaría Xeral da Emigración, para facer fronte a este programa de bolsas. O acordo contemplaba como novidade que a Secretaría Xeral da Emigración asume o orzamento do programa, ata o de agora compartido con outros departamentos autonómicos.

Cada persoa beneficiaria, cando estea matriculada nalgunha das tres universidades galegas, ou nalgún centro de Formación Profesional da Comunidade Autónoma, recibirá unha axuda anual de seis mil euros, cos que deberá afrontar tódolos seus gastos persoais de aloxamento e manutención, ademais dos de matrícula e gastos en material académico. Só durante o primeiro ano de matrícula en Galicia percibirá un complemento –un pago único doutros mil euros- para a viaxe de inicio de curso.

No caso de que o beneficiario ou beneficiaria curse estudios por sistema de intercambio (é dicir, que o título se expida finalmente pola universidade de fóra de Galicia), a contía rebáixase ata catro mil euros se os estudos a cursar son unicamente para un cuatrimestre, se ben o destinatario ou destinataria pode igualmente gozar da axuda inicial de mil euros para viaxe.

Incentivar a excelencia
As bases da convocatoria estipulaban que un 30 por cento da contía anual da axuda embárgase ata final de curso, de maneira que só se percibe no caso de que se teña aprobado, por parte da persoa beneficiaria, polo menos a metade dos créditos nos que se matriculou. Igualmente, para a renovación de axuda no cursos subseguintes, deberá ter superado polo menos o 70 por cento deses créditos.

A intención do Goberno galego é manter e, na medidas das posibilidades presentes e futuras, fornecer esta iniciativa, polo que significa de reforzo das ligazóns entre a Galicia territorial e a do exterior, neste caso a través do intercambio de saberes e coñecementos.

Para a concesión destas bolsas destinarase un total de 209.000 euros, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2011 e tamén de 2012, por tratarse dun programa plurianual, por canto se prolonga durante todo o curso académico, e por tanto tamén durante parte do ano natural seguinte. Concretamente, resérvanse 142.800 euros neste ano 2011, e se investirán os restantes 66.200 euros con cargo ao orzamento autonómico de 2012.

Tipoloxías
Canto aos países de procedencia dos beneficiarios e beneficiarias destas bolsas, 6 veñen do Brasil, 5 de Arxentina, 2 de Venezuela, outros 2 de Cuba, e hai unha persoa bolseira de República Dominicana, Estados Unidos, e o Reino Unido. Canto ao destino xeográfico, do total delas e deles, 9 cursan estudos en Santiago, 6 na Coruña, e 3 en Vigo.

Finalmente, por tipoloxía de estudos, 9 obtiveron bolsa para un máster universitario, 6 para estudos de cara a obtención dun título de grao, 1 para F.P., e 1 para intercambio universitario. Do conxunto total de beneficiarias e beneficiarios, a metade pertence a cada xénero (nove mulleres, nove varóns). Tamén a metade son de nova concesión, e a outra metade prórroga de bolsa concedida no curso anterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas