GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Hermandad Gallega de Caracas cumpre 51 anos de historia

(26/10/2011)

A Hermandad Gallega de Caracas cumpre 51 anos de historia

 
Mércores, 26.10.2011

 

      A Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas acaba de celebrar o seu 51 aniversario o pasado 12 de outubro. O centro ademais organiza unha serie de actividades durante o seu mes de Aniversario. Así, o venres 28 presentarase no teatro da asociación a obra Los Gemelos; e no Gran Salón gozarase da actividade Tendergal (Tenderete Galego) amenizado pola Coral Aires Galegos. O sábado 29, será a Festa das Meigas na Pista Techada; e o domingo 30, tamén nese recinto, a Gran Feira do Polbo, amenizada por Dannys Band.
 
Durante o mes de novembro estenderanse as actividades. O día 4, o Grupo de Baile Lembranzas, desenvolverá o seu Especial 2011 no Teatro Rosalía de Castro; e o 5 levarase a cabo o Maratón Step; continuando tamén pola noite o Especial de Lembranzas. O domingo 6, realizarase a Festa para a Terceira Idade coa Banda Sensación.
 
O venres 11, inauguraranse as Olimpíadas Galegas 2011, que se clausurarán o sábado 26 de novembro. O sábado 12, o grupo musical El Concepto ofrecerá un concerto na Pista Techada; e o sábado 19, desenvolverase o trixésimo primeiro Festival Internacional de Danzas Folclóricas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas