GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín. O Servizo de Migracións atendeu a 572 persoas

(25/10/2011)

 O Servizo de Migracións atendeu a 572 persoas

Creou plans como Mestura Lalín e actividades formativas

Autor:
ou. p.
Localidade:
lalín / a voz
Data de publicación:

El Servicio de Migraciones atendió a 572 personas 

Mestura Lalín, iniciado xa en decembro, chegou a contar con 130 participantes segundo o Concello.

O Servizo de Atención ás Migracións (SAMI) de Lalín atendeu no que vai de ano a 572 persoas, das que 355 son estranxeiras e 217 emigrantes e retornados. No entanto, o total de demandas foi moi superior, xa que alcanzou as 2.448 cunha media de catro por persoa: delas, 1.475 corresponderon ao colectivo inmigrante e 973 a emigrantes retornados. Por parte dos primeiros, foron maioría as consultas sobre información e xestión de recursos e prestacións, con 383 casos, mentres para inserción laboral foron 219 casos, con 99 sobre cursos de formación e 89 sobre modificacióin da situación administrativa dos demandantes. Pola súa banda, no caso de emigrantes retornados as peticións ao SAMI foron de diversa documentación comunitaria, desde fes de vida a cambios de entidade bancaria: un total de 473 consultas, moi por encima do seguinte apartado, que foron as 78 peticións sobre información de fondos de pensións.

Para dar resposta ás demandas que efectúan todas as persoas que acoden ao servizo dependente da concellaría de Benestar e Emigración, os traballadores efectuaron xestións telefónicas, recollida e emisión de documentación, así como labor de seguimento de cada unha das consultas. Ademais das intervencións persoais tamén as realizaron a través do correo electrónico migracions@lalin.org.

A maiores dos traballos de asesoramento e tramitación desde o SAMI tamén levaron a cabo outras actuacións de sensibilización e de fomento da participación cidadá, entre as que se atopa a coordinación do programa Vacacións en Paz 2011 xunto á Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que supuxo que dous menores daquela rexión fosen acollidos por dúas familias lalinenses o pasado xullo e agosto.

A aula de reforzo educativo e compensación dirixida ao alumnado inmigrante ou retornado en situación de risco ou exclusión social ?incluída no programa de Apoio ás familias?, financiado por Xunta e Ministerio de Traballo, contou con 22 nenos. O tandem intercultural intergeneracional Mestura lalín, coa mesma financiamento, iniciado xa en decembro incluíu o cuarto Foro de Diálogo Intercultural, e sumou máis de 130 participantes. Para rematar, o programa de inmersión socio-lingüística, de novo con fondos Xunta-Traballo, reuniu a 15 mulleres para mellorar a súa formación en distintas áreas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas