GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración estima que crecerá a fraude no voto exterior

(21/10/2011)

A emigración estima que crecerá a fraude no voto exterior

Advirte que a solicitude colectiva podería converterse en fonte de irregularidades

Autor:
carlos punzón
Localidade:
redacción / a voz
Data de publicación:

Lonxe de aplaudir a rebaixa nas esixencias que acaba de aplicar a Xunta Electoral Central á tramitación do voto exterior, colectivos de representación da emigración advirten de que se abriu a porta a incentivar a fraude electoral».

A Plataforma contra a Privación do Dereito de Voto dos Españois no Exterior, que agrupa a decenas de colectivos de residentes no estranxeiro, considera que o feito de que se vaia a permitir agora que un emigrante poida pedir a participación nos comicios de todos os seus familiares rebaixa os controis implantados coa reforma electoral aprobada en febreiro. «Con facerse coa fotocopia do documento dun familiar que non pensase votar, poderíase solicitar a súa participación e despois votar tamén por el», asegura Raimundo Insua, dirixente da plataforma.

«Está a incentivarse a fraude e, sobre todo, ignórase a lei electoral, que establece que a solicitude de participación deberá formularse persoalmente», engade Insua.

A plataforma e outros colectivos da diáspora, que seguen reclamando que non se fagan distincións entre os dereitos electorais de residentes e emigrantes, considera que tampouco o voto en urna nos consulados gozará de suficientes garantías de control. Que un funcionario sexa designado para vixiar as urnas durante os tres días de votación habilitados no exterior non ofrece aos representantes da emigración a transparencia que pode dar a presenza de presidentes, vocais e interventores como ocorre nas mesas electorais en España.

Ata esta semana só 26.293 emigrantes españois solicitaron poder participar nas eleccións xerais, dos 1,2 millóns censados no exterior, o que para a representación da diáspora é unha mostra do desánimo co que os residentes no estranxeiro viven as limitacións á súa participación.

Un gran erro

Autor:
Marisol Soneira

O«voto rogado» na modificación da Loreg foi un gran erro. É someter a cidadáns españois a un trato distinto en función do lugar de residencia e préstase a manipulacións. Enviar unha fotocopia dun pasaporte nun sobre cun escrito non garantiza a identidade de quen o manda e préstase a manipulacións incompatibles cunha democracia. Que se invite a xente a actos nos que o pasaporte é obrigatorio, ou que as persoas que convocan eses actos afirmen que o fan para «axudar» ao emigrante a «tramitar» o voto debera facernos pensar. Pero o máis sorprendente é que a Xunta Electoral Central vaia contra a doutrina aplicada en procesos anteriores, autorizando que os manipuladores podan enviar os «rogos» en paquetes coma se fósemos a República Centroafricana. Isto só ten una solución: unha circunscripción electoral propia e elección directa, en urna, dos seus representantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas