GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Tres meses de caída na afiliación de estranxeiros á Seguridade Social

(21/10/2011)

Tres meses de caída na afiliación de estranxeiros á Seguridade Social

Xoves, 20 de Outubro de 2011

trabajadorasA Seguridade Social rexistrou unha caída interanual de afiliados estranxeiros do 2,78%, ao pasar nun ano de 1.868.675 a 1.816.662 cotizantes inmigrantes. Esta cifra supón unha redución do 0,7% respecto do mes de agosto, é dicir, en setembro houbo 13.384 afiliados menos que o mes anterior. Con este dato, cúmprense tres meses de caídas na afiliación de estranxeiros.

Segundo datos publicados polo Ministerio de Traballo e Inmigración, do total de inmigrantes afiliados, 435.083 procedían da Unión Europea e 743.383 doutros países. As nacionalidades con maior número de cotizantes son Romanía (171.793), Marrocos (114.783), Ecuador (98.648) e Colombia (80.231), mentres que se se ten en conta o sexo, a maioría dos afiliados estranxeiros son homes, con 1.008.364 cotizantes, fronte ás 808.297 afiliadas estranxeiras.

Do total de inmigrantes inscritos na Seguridade Social ao finalizar setembro, 1.178.466 cotizaban ao Réxime Xeral; 240.424 ao Réxime Agrario; 209.374 ao de Autónomos; 182.505 ao do Fogar; 5.279 ao do Mar, e 614 ao do Carbón.

Dentro do réxime xeral, a maioría dos inmigrantes afiliados estaba no sector da hostalería (288.805), seguido do comercio; reparación de vehículos de motor e bicicletas e nas actividades administrativas e servizos auxiliares, mentres que  os traballadores autónomos estaban ocupados no o comercio; reparación de vehículos de motor e bicicletas, hostalería, construción e actividades administrativas e servizos auxiliares (11.444).

A comunidade autónoma con maior porcentaxe de cotizantes estranxeiros é Cataluña, co 22,60% do total. Séguenlle Madrid (21,05 %), Andalucía (11,30%) e a Comunidade Valenciana (10,44 %). www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas