GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xosé Tomás retrata a emigración feminina en «Nómades»

(19/10/2011)

 Xosé Tomás retrata a emigración feminina en «Nómades»

Breves episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións.

Autor:
redacción / la voz
Fecha de publicación:

Xosé Tomás retrata a emigración feminina en «Nómades»  

O ilustrador Xosé Tomás presenta hoxe en Santiago (Biblioteca Ánxel Casal, 20.00 horas) a súa novela gráfica Nómades (Galaxia), artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións. Polas súas páxinas pasan mulleres que atravesan o océano en caiuco, que se prostitúen para enviar o diñeiro ás súas familias, que emigran na vellez por acompañar os fillos e non se adaptan, que viven ás agachadas o seu lesbianismo ou que non poden regresar ao seu país a enterrar a un ser querido pola situación laboral irregular na que se atopan.

 

 
 

 

Xosé Tomás (Betanzos, 1971) documentouse a fondo para escribir e debuxar cada un destes episodios, un proceso no que ademais de coñecer de primeira man a realidade das súas protagonistas tamén serviu para rexeitar ideas preconcibidas. «As travesías nos caiucos poden parecernos moi épicas, pero cando falei con dúas persoas que cruzaran a Canarias o que máis lembraban era a mestura de cheiros como o salitre, o combustible e os excrementos», relata o autor. Malia toda esa documentación, o resultado no papel favorece a lixeireza e o rexistro íntimo, porque Xosé Tomás é consciente de que a viñeta ten os seus propios códigos e o máis útil para os seus propósitos era a elipse.

 

 
 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas