GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Presentan en Arxentina o libro «Os nosos devanceiros galegos»

(19/10/2011)

Presentan en Arxentina o libro «Os nosos devanceiros galegos»

É obra da profesora de Historia María Cristina Moreiras.

Data de publicación:

O vindeiro xoves 20 de outubro terá lugar a presentación do libro Os nosos Devanceiros Galegos, escrito pola profesora de Historia, María Cristina Moreiras. O acto terá lugar ás 19.00 horas no Salón Arturo Cadrado da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, situado no porteño barrio de San Telmo.

A presentación correrá a cargo do responsable da área de Investigación do Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA) e doutor en Historia, Ruy Farías. A autora destacou a idea inicial do libro, que xurdiu da súa visita á aldea de Susa no concello de Taboada (Lugo). O camiño de retorno ao lugar do que partiran os seus pais foi o xerme da obra: «Coñecín á miña familia e namoreime da terra dos meus devanceiros. Armei a árbore genealógico familiar cos documentos atopados nas casas da aldea dos meus pais e descubrín neles pequenas historias que veñen desde o século XVIII. A partir diso, comprendín canto tiña que ver eu con eses labriegos galegos, e sentín como propia a morriña dos meus pais emigrantes», subliñou a autora do libro.

A súa intención foi a de reflectir a identidade do pobo galego «que saíu ao mundo a buscar un lugar para crecer sen esquecer a patria que os viu nacer; eses galegos que aínda que non ostenten títulos de nobreza merecen tamén a nosa homenaxe». O libro, reflexa «historias das miñas choznos, bisavós e avós que non foron duques nin condes pero loitaron para darlle un futuro mellor á súa descendencia. Tamén a historia dos meus pais na Arxentina enfrontando múltiples dificultades nun país estraño, máis a dor da distancia dos seus afectos, acrecentado polas guerras e a morte?, indicou Moreiras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas