GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A escola de Caamouco celebra o seu centenario

(18/10/2011)

A escola de Caamouco celebra o seu centenario

 
 
Luns, 17.10.2011
  • A Agrupación Instrutiva de Redes organizou un programa de actividades festivas durante todo o mes.


Un grupo de emigrantes de Caamouco residentes en Cuba fundaron no ano 1912 unha sociedade co obxectivo de impulsar a educación no rural galego de onde procedían. Un ano máis tarde, grazas aos fondos que estes e estas emigrantes enviaban dende ultramar, construíuse unha escola na parroquia de Caamouco, Redes, agora reconvertida en centro cultural coñecido como a escola da Tenencia, que entrou en funcionamento no ano 1915. «Galicia ten unha débeda cos emigrantes que axudaron a paliar o analfabetismo en Galicia», reclama o presidente da asociación, Ernesto López Naveiras.

A escola mantívose a pleno rendemento ata o ano 1972, cando os e as estudantes de EXB foron trasladados a outros centros de Ares. O centro continuou funcionando só cos alumnos e alumnas de parvulario, que deixaron definitivamente a escola no ano 2005

A directiva da agrupación elaborou un programa de actos para conmemorar o centenario da agrupación e render unha homenaxe aos socios e socias fundadores da escola. Onte, ao redor de corenta socios, socias, veciños e veciñas participaron nun roteiro conmemorativo polos camiños que lindan a parroquia recollidos no Catastro da Ensenada en 1752.

O día central dos actos será o próximo día 23, coincidindo co día da fundación hai 100 anos en Cuba. Durante a xornada descubrirase unha placa no edificio da sociedade. Os socios e socias participarán nunha misa e unha ofrenda floral en honor aos socios, socias, mestres, mestras e alumnos e alumnas xa falecidos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas