GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Internet achega a un emigrante de Taboada á súa familia 40 anos despois

(17/10/2011)

Internet achega a un emigrante de Taboada á súa familia 40 anos despois

As novas tecnoloxías axudáronlles a retomar o contacto habitual

Autor:
lucía rei
Localidade:
lugo / a voz
Data de publicación:

Internet acerca a un emigrante de Taboada a su familia 40 años después

Internet axudoulle a atopar á súa familia logo de corenta anos e Internet está a axudarlle a comunicarse con ela habitualmente. O mundo de José Luís Portomeñe Gabieiro, un emigrante de Taboada en Arxentina que está gravemente enfermo, cambiou da noite ao día a mediados de agosto, cando por fin volveu ter noticias dos seus. A principios de 1970, o home abandonou a súa parroquia natal, Vilar de Cabalos, para cruzar o Atlántico cun dos seus seis irmáns, Guillermo, e un tío. Destino: Buenos Aires, onde traballou 18 anos nunha fábrica de soda. En 1988 mudouse á provincia de Mendoza, no interior do país, pero un roubo deixouno sen pasaporte, sen partida de nacemento e sen a axenda na que gardaba os números de teléfono dos seus familiares en Arxentina e en España. Nunca puido retomar o contacto.

Máis de dúas décadas despois, Luís segue vivindo en Perdriel, un municipio duns 4.000 habitantes. A principios de agosto, un dos bos amigos que o rodean, Fernando Poboa, contactou con La Voz a través da páxina en Facebook da edición de Lugo. Luís ten cancro e o seu soño era volver saber dos seus antes de morrer. E as novas tecnoloxías obraron o milagre, xa que en poucos días o emigrante taboadés puido falar por teléfono con Emma, unha das súas irmás. Desde entón o contacto foi continuo, como explicou onte unha das súas sobriñas, Ana. O teléfono e sobre todo as redes sociais permítenlle falar cos seus familiares con frecuencia, ver fotografías recentes e recordar a terra en que naceu e que nunca esqueceu.

Feliz reencontro co seu irmán Guillermo

Hai unhas semanas que Luís Portomeñe (centro) reencontrouse co seu irmán Guillermo (esquerda), que vive en Buenos Aires. Emigraron xuntos a Arxentina en 1970, pero desde finais dos anos oitenta non volveran a saber o un do outro. Guillermo desprazouse a Perdriel, a localidade na que vive Luís. Pasaron xuntos a tarde charlando e xogando as cartas, como explicou Fernando Poboa, o amigo que fixo posible o reencontro, e que aparece á dereita da imaxe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas