GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barbanza. Os emigrantes propician o aumento do censo electoral

(17/10/2011)

Os emigrantes propician o aumento do censo electoral

A cifra de inscritos nos consulados aumenta en todos os municipios

Autor:
X. RAMÓN Alvite
Localidade:
Mazaricos / a voz
Data de publicación:

A comarca supera, por primeira vez, os 118.000 inscritos no censo electoral. Isto prodúcese a pesar de que a poboación total empadroada nos once municipios barbanceses cae cada ano, e a que o censo de residentes na comarca redúcese, de media, en dous centenares de persoas con cada nova chamada ás urnas. Con todo, é o importante aumento do número de anotados nos consulados o que fai posible que o conxunto de potenciais votantes alcance a cifra histórica de 118.066 veciños.

Con referencia ao 30 de xuño, data na que se pechou o censo que se utilizará nos comicios de novembro, figuran inscritos no censo de residentes en España 102.289 barbanceses, 647 menos que nos comicios xerais do 2008. Pola contra, o Censo de Españois Residentes no Estranxeiro (CERA) aumentou durante esta lexislatura en 1.424 persoas, ata situarse nas 15.777.

 

Repuntes e caídas

Por municipios, mentres o peso do CERA aumenta, en maior ou menor medida, en todos os territorios, o dos residentes habituais tan só repunta en Boiro, Ribeira e Rianxo, a razón de 293, 206 e 44 censados máis, respectivamente. Son, precisamente, estes tres concellos os que experimentan un maior crecemento das súas listas de posibles votantes. No caso ribeirense repunta en 396 persoas; no boirense, en 349; e no rianxeiro, en 181.

No outro extremo sitúanse os municipios de Mazaricos, Outes e A Pobra que, a pesar de ver aumentado tamén o seu número de altas de veciños no estranxeiro, arroxan un balance negativo cando se trata o censo no seu conxunto. Nos tres casos a diminución de electores rolda o centenar e medio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas