GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Terrón e Zambrana destacan a cooperación entre España e Marrocos na loita contra a inmigración irregular

(17/10/2011)

Terrón e Zambrana destacan a cooperación entre España e Marrocos na loita contra a inmigración irregular

A secretaria de Estado sinala que "a través do diálogo cos terceiros países garantimos unha xestión ordenada da inmigración". "Mantemos os controis de fronteira e todas as persoas que intentan chegar a España de forma ilegal están destinadas a ser repatriadas", recalca o secretario de Estado de Seguridade.

15 de outubro de 2011. A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, e o secretario de Estado de Seguridade, Xusto Zambrana, presidiron a XIII Reunión do Grupo de Traballo Permanente Hispano-Marroquí sobre Inmigración, que se celebrou hoxe en Barcelona. Terrón e Zambrana destacaron a importancia do permanente diálogo entre ambos os países, e a cooperación na loita contra a inmigración irregular e o tráfico de persoas.

"O diálogo cos países de orixe é imprescindible para facer fronte aos retos que supón a inmigración. E especialmente cos países veciños máis próximos, como é Marrocos", recalcou Anna Terrón. Na reunión, á que asistiu unha destacada representación de altos cargos marroquís, analizáronse os traballos de ambos os países para garantir unha xestión corresponsable dos fluxos migratorios.

Así mesmo, Xusto Zambrana sinalou que se mantén a intensidade nos controis en fronteira. O estable diálogo entre as autoridades españolas e marroquís permite reaccionar con rapidez e eficiencia ante calquera situación". O secretario de Estado recordou que, a pesar do importante descenso nas chegadas de inmigrantes, "mantemos os controis e todas as persoas que intentan chegar a España de forma ilegal están destinadas a ser repatriadas".

Ademais, e en consonancia con esta loita contra a inmigración irregular, "nos últimos anos, a colaboración cos países de orixe foi clave para garantir o regreso en condicións daquelas persoas que arriscaron a vida alcanzando irregularmente as costas españolas", agregou o secretario de Estado de Seguridade.

Máis aló de analizar esta cuestión, na reunión bilateral puxéronse sobre a mesa as accións que o Goberno español está realizando en materia de integración, así como a estratexia contra o racismo e a xenofobia. Ademais, informouse á delegación alauita do novo Regulamento de Estranxeiría e fíxose referencia ao tema dos menores non acompañados, no que a necesidade de fortalecer a colaboración é clave.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas