GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Casa de Galicia de Bos Aires celebra o seu 78º aniversario

(14/10/2011)

A Casa de Galicia de Bos Aires celebra o seu 78º aniversario

 
 
Mércores, 12.10.2011

A Casa Galicia de Bos Aires celebrou o seu 78º aniversario na súa sede do barrio porteño de Monserrat. A conmemoración tivo lugar o pasado día dous e congregou máis de 200 persoas socias e amigas. Durante a celebración, Evelyn Panelli Ouzande foi elixida raíña da institución para o período 2011-2012.

O presidente da Asociación, Manuel Eiranova, acompañado pola secretaria de Organización, María Teresa Tonelli, e a secretaria de actas e xerente da institución, María del Pilar Cordero, entregaron unha banda e un ramo de flores á representante xuvenil da Casa.

A festa contou coa presenza da banda de gaitas, que acompañou ao corpo de baile da institución no seu debut na asociación, e a orquestra Agora Xuntos, dirixida polo mestre Ademar Álvarez, interpretou os himnos de Arxentina, España e Galicia e animou o baile que se prolongou ata entrada a tarde. A preparación da queimada, estivo a Cargo de José Cobas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas