GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes, cada vez máis familiarizados con Internet e as TIC

(10/10/2011)

Os inmigrantes, cada vez máis familiarizados con Internet e as TIC

Luns, 10 de Outubro de 2011 13:35

internetA porcentaxe de inmigrantes que utilizan tanto o computador como Internet é ao redor dun punto superior ao dos usuarios españois, segundo datos da Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías de Información e Comunicación nos Fogares de 2011. Con todo, o informe sinala que os usuarios frecuentes de Internet españois superan en case catro puntos aos estranxeiros.

O estudo realizado polo Instituto Nacional de Estatísticas (INE) recolle datos interesantes sobre os hábitos dos estranxeiros residentes en España en relación coas novas tecnoloxías. Por exemplo, aínda que a práctica de realizar compras a través de Internet é maior no caso dos españois, o teléfono móbil é máis utilizado polos estranxeiros.

O 75,4% dos inmigrantes usuarios de Internet conéctase desde a súa vivenda, fronte ao 88,6% dos españois. Estes últimos conéctanse á Rede moito máis desde o traballo en comparación cos internautas estranxeiros (42,1% dos españois fronte a 21,6% dos inmigrantes), mentres que os estranxeiros lideran os accesos a Internet a través de cibercafés ou similares, cun 21,3% fronte a un escaso 4,9% de españois. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas