GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Tui recibe o premio "Entreculturas" polo seu labor e solidariedade cos inmigrantes

(07/10/2011)

Tui recibe o premio "Entreculturas" polo seu labor e solidariedade cos inmigrantes

 

O recoñecemento destaca o traballo do Concello na atención a este colectivo

 
 
 
 
 

EVA GONZÁLEZ - TUI O Concello de Tui acaba de recibir o Premio "Entreculturas 2011", dotado con 6.000 euros, outorgado pola Deputación Provincial en recoñecemento ao traballo realizado para "fomentar a solidariedade, a integración, o intercambio, profundización do mutuo coñecemento e o mutuo apoio entre os pobos e os inmigrantes". O Servizo de Atención aos Inmigrantes e Emigrantes Retornados do Concello de Tui dirixe o seu labor máis de 750 persoas doutros países empadroadas no municipio, principalmente procedentes de Portugal e de Marrocos.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, dixo que o premio "é unha gran satisfacción para o Concello". Lembrou que desde varios dos seus departamentos vén traballando na integración e promoción do colectivo de inmigrantes que residen no municipio e na intensificación da colaboración transfronteiriza. O premio entregarase o próximo día 12 de outubro, coincidindo coa Festa da Hispanidade. No caso do Concello de Tui, a Deputación resalta "o seu compromiso na prestación de servizos no ámbito cultural e social a favor da emigración e inmigración e polas súas iniciativas no ámbito cultural, socio-laboral, educativo, sanitario, con programas específicos dedicados á muller e á mocidade inmigrante", precisa.
A concelleira de Servizos Sociais, Raquel Lorenzo Pimentel, resaltou onte a súa sorpresa e satisfacción prol este premio, sobre todo "porque se valore o traballo de profesionais do Servizo de Atención a Inmigrantes e Emigrantes Retornados.
Entre as actividades máis recentes dirixidas a este sector da poboación, cita os cursos de lingua española, de 20 horas de duración, que reciben mulleres marroquís e un curso de corte e confección na aula da UNED; talleres dirixidos ao alumnado de centros educativos do municipio para fomentar o respecto ás distintas culturas; labor de información e asesoramento en xeral, procura de emprego e elaboración de curriculum, así como para a reunificación familiar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas