GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Laza revive a súa emigración a Suíza

(07/10/2011)

Laza revive a súa emigración a Suíza

 
,
Venres, 07.10.2011

Durante as décadas dos setenta e oitenta foron moitos os veciños e veciñas de Laza que se desprazaron ata o país helvético co obxecto de lograr un futuro mellor. Anos duros na emigración, afastados das súas familias pero con soños polos que loitar. Moitos e moitas retornaron ao municipio abrazándose á morriña e outros e outras decidiron establecerse de modo definitivo nese país consolidando as súas vidas profesionais en cidades como Sant Maurice, Monthey, Martigny ou Vernayaz. Nunca quixeron deixar de lado as súas raíces e para recordar o seu lugar de nacemento, fundaron o equipo de fútbol Unión Laza, que cumpre nestas semanas o seu trixésimo aniversario.

Unidos e unidas polo fútbol
Unha afección deportiva que impulsou reunións, festas e reencontros, como o que se celebrará nos próximos días en Sant Maurice e ao que asistirán non só os que quedaron senón tamén moitos dos que retornaron ás súas localidades natais de Retorta, Souteliño, Vilameá ou Laza, entre outras. Na xornada de onte partía un autobús de Laza cara a esta cidade suíza para conmemorar este acontecemento. «É unha oportunidade extraordinaria para reencontrarse con vellas amizades e tradicións, porque moita da xente que retornou non volveu alí,» asegura Myriam Valcárcel, que viviu a súa infancia no país centroeuropeo. Pero non só se conmemorará a creación deste equipo de fútbol senón que ademais participarán noutras actividades lúdicas. Na viaxe, ao que acode o alcalde José Ramón Barreal, participan máis de cincuenta veciños e veciñas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas