GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba recibiu ás persoas participantes no programa ‘Reencontros na Terra 2011’, chegadas o pasado sábado

(05/10/2011)

Camba recibiu ás persoas participantes no programa ‘Reencontros na Terra 2011’, chegadas o pasado sábado

 
 
Mércores, 05.10.2011
  • Mercé a esta iniciativa da Xunta, case 200 maiores da diáspora retornan temporalmente á Galicia territorial antes de fin de ano.


O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu esta mañá en Santiago aos 128 primeiras persoas dos e das 192 participantes no programa Reencontros na Terra, na súa edición deste ano 2011, e que chegaron o pasado sábado ao aeroporto compostelán de Lavacolla procedentes de Bos Aires, Montevideo, Caracas e La Habana.

O programa, neste 2011, realízase en dúas quendas, tendo prevista a chegada as 71 segundas persoas beneficiarias o vindeiro 14 de novembro. Trátase dunha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración desenvolvida coa colaboración da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, que ten por finalidade favorecer o achegamento á súa terra e ás súas familias dos e das emigrantes galegos e galegas de máis de 60 anos de idade que nos últimos 15 anos naturais non participaran en programas de viaxe desta Secretaría Xeral.

Aínda que tódolos e todas as participantes son maiores de 60 anos, condición sine qua non para beneficiarse do programa, a idade media supera amplamente esta cifra, xa que se aproxima aos 73 anos. Os de meirande idade son unha beneficiaria procedente de Arxentina, que conta con 86 anos de idade, e dous procedentes de Cuba e Uruguai, con 85.

Son 125 emigrantes galegos e galegas que, xunto con 67 cónxuxes, totalizan as 192 persoas que participan na edición deste ano do programa. Son nados nun total de 83 concellos galegos. Sobresaen como municipios nos que naceron máis participantes Malpica, Arteixo e Fisterra na provincia da Coruña; Monforte de Lemos e Palas de Rei na de Lugo; Gomesende en Ourense; e Vigo, Meis, Poio, Redondela e Salvaterra do Miño, na de Pontevedra.

Volta ás raíces
A finalidade desta iniciativa da Xunta é que os e as participantes redescubran as súas raíces, tanto de tipo cultural, social, gastronómico, ou folclórico, como sobre todo familiar, poñéndose en contacto coa realidade do seu país de orixe e propiciando actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias, e o intercambio de experiencias co resto dos e das participantes.

O programa desenvólvese ao longo de tres meses, con dúas fases diferenciadas. A primeira delas consiste nunha estadía de dúas semanas, totalmente gratuíta, na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en réxime de pensión completa, desenvolvendo actividades recreativas e culturais axeitadas aos participantes, e con excursións, en transporte colectivo, a distintos lugares para un mellor coñecemento da Galicia de hoxe en día. Inclúe unha visita a Santiago de Compostela con percorrido pola cidade monumental, e a recepción institucional. Tamén realizarán outra visita de día completo a outra cidade galega e polo menos dúas de medio día a lugares salientables do entorno da Residencia, como poden ser a vila de Ribadavia, ou a Ribeira Sacra.

Canto á segunda fase, esta consiste nunha estadía cos seus e as súas familiares de Galicia, cos e coas que poden estar ata completar un tempo máximo de tres meses. Trátase dun complemento á estadía “oficial” que supón para moitos dos beneficiarios e benficiarias unha oportunidade única de atopar as súas raíces máis senlleiras e persoais, e redescubrir as ligazóns familiares deixadas atrás, pero non por iso esquecidas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas