GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno aproba o Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración 2011-2014

(26/09/2011)

O Goberno aproba o Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración 2011-2014

- O seu principal obxectivo é fortalecer a cohesión social - O Plan vén avalado por un proceso de elaboración baseado no consenso e na participación de todos os actores implicados na xestión da integración


23 setembro 2011. O Consello de Ministros aprobou na súa reunión de hoxe, a proposta do ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, o Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración 2011-2014 que ten como principal obxectivo fortalecer a cohesión social, nun novo contexto migratorio caracterizado pola redución de fluxos de entrada de inmigrantes.

O fin que persegue o acordo é reforzar tanto os instrumentos e políticas de integración como os servizos públicos e de participación, para garantir o acceso de todos os cidadáns en condicións de igualdade.

Na actualidade, a integración dos inmigrantes é un dos retos máis importantes que afronta a sociedade española e un alicerce básico da política integral de inmigración posta en marcha polo Goberno desde 2004, xunto coa loita contra a inmigración ilegal, a vinculación da inmigración legal ás necesidades do mercado de traballo e a cooperación ao desenvolvemento dos países de orixe.

O Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración 2011-2014 entende a integración como un proceso de adaptación mutua, e deseña unha política baseada en accións que se dirixen a todos os cidadáns, tanto inmigrantes como autóctonos.

A aprobación do novo Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración para os anos 2011-2014, que sucederá ao que estivo vixente durante os anos 2007-2010, supón potenciar a política migratoria actual baseada na integración e a normalización da convivencia nunha sociedade diversa.

UN PLAN PARA TODA A CIUDADANIA

No Plan recóllense novas medidas necesarias para dar resposta aos retos do futuro inmediato como son a xestión da diversidade, o fortalecemento do capital humano e a igualdade de oportunidades para garantir a cohesión social.

O Plan vén avalado por un proceso de elaboración baseado no consenso e na participación de todos os actores implicados na xestión da integración. Na súa elaboración participaron as Comunidades Autónomas, os Concellos, os axentes sociais, as asociacións de inmigrantes, as organizacións non gobernamentais e os expertos nesta materia do mundo académico. Ademais, previamente á súa redacción definitiva foi obxecto dun proceso de consulta social, aberto a todos os cidadáns, e someteuse á consideración dos órganos consultivos en materia de integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas