GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Baiona acolle a mostra “Un mundo de cor”, resultante do concurso escolar sobre a diversidade sociocultural

(26/09/2011)

Baiona acolle a mostra “Un mundo de cor”, resultante do concurso escolar sobre a diversidade sociocultural

 
 
Venres, 23.09.2011
  • Exhíbense, entre outros, o primeiro e segundo premios da 3ª categoría (alumnado da ESO), realizados por alumnas do CPI Covaterra.

  • A exposición estará aberta ata o vindeiro venres día 30.


A Casa do Concello de Baiona acolle ata o vindeiro venres 30 de setembro a mostra Un mundo de cor, resultado do concurso escolar homónimo co que a Secretaría Xeral da Emigración promove a sensibilización en torno á diversidade cultural.

Nesta primeira edición da iniciativa, á que Emigración quere dar continuidade en posteriores anualidades, foron recibidas en prazo 308 obras realizadas por rapazas e rapaces. Delas, máis da metade (174) remitíronse desde centros da provincia da Coruña, a máis participativa na experiencia.

Sen embargo, a localidade con máis traballos presentados é Ourense, con 53, destacando o alto índice de participación das alumnas e a dos alumnos do I.E.S. Otero Pedrayo e mailo Colexio Cardenal Cisneros. E, en porcentaxe de traballos premiados, destaca o sur da provincia de Pontevedra.

Das máis de trescentas obras presentadas, 119 pertencían á primeira categoría (alumnado de 1º a 3º de Primaria), 115 á segunda (alumnado de 4º a 6º de Primaria), e 74 á terceira (alumnado da ESO). Remitiron traballos a Emigración rapazas e rapaces escolarizados nun total de 23 centros da Comunidade, que sorprenderon moi gratamente aos membros do xurado pola cantidade, variedade, e calidade, dos traballos presentados, superando tódalas expectativas depositadas na iniciativa.

Dúas gañadoras de Baiona
Unha escolma de todos eses traballos pode ser agora vista na Casa do Concello por tódalas veciñas e tódolos veciños de Baiona, ata dentro dunha semana, momento en que os debuxos e resto do material que configuran a exposición volverán á estrada para recalar noutro punto da xeografía galega.

Na mostra pódense ver os traballos premiados no concurso. Entre eles atópanse o primeiro premio á Terceira Categoría, co que se alzou Marietu Ramos, do CPI Covaterreña de Baiona, e tamén o segundo galardón nesa mesma categoría, que realizou Lara de Villalobos, do mesmo centro educativo. Non foron elas as únicas galardoadas da zona do sur da provincia. De feito, o gañador da primeira categoría foi Iván Vázquez, do Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas. E, na segunda categoría, obtivo o segundo premio Andrea Cuevas, do Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas, e o terceiro Xiana Vilar, do CPI da Cruz de Nigrán.

O subdirector xeral da Inmigración e do Retorno, Antonio Aguarón, foi o encargado de inaugurar oficialmente a mostra, tal e como fai -sempre que a súa axenda llo permite- nas distintas vilas que visitou e visitará a exposición. No acto de apertura oficial, destacou a importancia da sensibilización dos máis cativos e das máis cativas nas oportunidades e avantaxes da diversidade social e cultural nunha sociedade aberta e moderna como a galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas