GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Costa da Morte máis multicultural

(23/09/2011)

A Costa da Morte máis multicultural

Autor:
HARRY DORIAL
Data de publicación:

A Costa da Morte é comarca emisora de emigrantes, pero desde fai menos dunha década, tamén receptores de inmigrantes. Xa houbo máis, é certo, pero a diferenza é que ultimamente o abano de procedencias de ampliou moito. Non hai máis que ver Carballo, con empadroados de máis de 40 países, ou Fisterra, que tampouco lle anda moi lonxe (inflúe moito o Camiño, o mesmo que en Muxía).

Pero hoxe toca falar de Vimianzo. O número de foráneos é menor que nos casos citados, pero tampouco é baixo. E o que os diferenza é que desde o departamento de Servizos Sociais do Concello, que dirixe a edila socialista Montserrat Vázquez Miñones, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, levan a cabo un traballo meritorio de acollida aos extracomunitarios, con cursos no centro social. Aínda que o programa é amplo, comezaron cun de español, con horarios adaptados ás súas necesidades. E aí temos a algúns dos seus protagonistas: a romanesa Andrea, o senegalés Alaji, o alxerino Miloud, a senegalesa Bintou, a brasileira Andrea e a chinesa Xiofang. No momento da foto faltaba a brasileira Patricia. Outra vez será.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas