GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo. O Concello reitera a súa negativa a emitir certificados a inmigrantes

(21/09/2011)

O Concello reitera a súa negativa a emitir certificados a inmigrantes

Autor:
vigo / a voz
Data de publicación:

«A competencia para emitir certificados a inmigrantes é da Xunta de Galicia. Se queren que o fagamos nós que nos dean os medios necesarios». Con estas palabras rexeitaba onte a concelleira Isaura Abelairas a demanda da Xunta de que o Concello siga atendendo aos colectivos de inmigrantes.

Segundo explicou a edila, a subvención que anualmente concede o Goberno autonómico con esta finalidade foi diminuíndo e o Concello decidiu plantarse. «Ademais, cremos que estes asuntos deben debaterse nos despachos e non nos medios de comunicación, e moito menos utilizando a colectivos especialmente sensibles», en evidente alusión á reunión mantida o luns polo director xeral de Emigración con asociacións de emigrantes radicadas en Vigo.

A xuízo de Abelairas, carece de sentido que a Xunta ofreza ao Concello vigués 50.000 euros para manter a atención aos inmigrantes «exactamente a mesma cifra que ás demais cidades. A diferenza é que en Vigo hai máis de 17.000 inmigrantes, unha cifra que multiplica por cinco ou seis ás demais urbes galegas», concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas