GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba anuncia a Pin que non participará no ‘Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior’

(20/09/2011)

Camba anuncia a Pin que non participará no ‘Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior’

 
 
Martes, 20.09.2011
  • O titular de Emigración recorda que é a primeira vez que se furta a voz neste foro ás Comunidades Autónomas.


O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, remitiu unha carta á Directora General de la Ciudadanía Española en el Exterior, Pilar Pin, na que lle anuncia a súa ausencia no Pleno do V Consejo General, que se celebra mañá e pasado en Madrid.

Na carta, o responsable de Emigración na Administración autonómica lembra á mandataria do Goberno central que “a vosa negativa a incluír na orde do día a intervención das Comunidades Autónomas” motiva a ausencia no devandito Pleno, tal e como xa lle expresara anterior e reiteradamente.

Trátase da primeira vez que os representantes autonómicos deberán empregar a quenda de rogos e preguntas para intentar expoñer a súa voz, pendentes en todo caso do arbitrio do moderador ou moderadora, en vez de ter asignado un tempo mínimo de exposición para dar a coñecer as súas actividades, intercambiar experiencias, e buscar fórmulas para a unión de esforzos no camiño de mellorar as condicións de vida da cidadanía galega e española no exterior.

Con esta actitude dirixista, a máxima representante do Goberno central en materia de Emigración pretende dar carpetazo, pola vía do silencio, á súa obriga de convocar o Consejo General, sabedora de que a maioría dos e das representantes autonómicos xa non pertencen á súa formación política. Ante o perigo de críticas que podan poñer en dúbida algunhas das súas actuacións, Pin prefire obrigar a calar aos seus posibles opositores.

Galicia estará presente
Malia a ausencia do seu máximo representante na materia, a Xunta de Galicia estará presente neste V Consejo, a través do xefe de gabinete da Secretaría Xeral da Emigración, Ildefonso de la Campa, quen escoitará as demandas e inquedanzas do resto dos e das integrantes do foro, pero non ten previsto intervir na quenda de rogos e preguntas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas