GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba e Gastón renovan en Santiago a súa intención de mutua colaboración no futuro

(20/09/2011)

Camba e Gastón renovan en Santiago a súa intención de mutua colaboración no futuro

 
 
Martes, 20.09.2011

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, recibiu no seu despacho ao presidente da Asociación de Jóvenes Descendientes de Españoles de la República Argentina (Ajdera) e da entidade da diáspora galega Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano Mutual, Cultural y Recreativa de Bos Aires, así como un dos representantes máis coñecidos do empresariado mozo naquel país austral, Santos Gastón Juan.

Trátase dunha xuntanza na que avaliaron conxuntamente os retos de futuro das diásporas galega e española na Arxentina, e nomeadamente das xeracións novas, tales como a renovación e posta ao día do tecido asociativo no exterior, a participación da muller no mesmo, o papel dos retornados e retornadas, ou o concepto de galeguidade neste século XXI. Retos que, de cara á vindeira lexislatura nacional, deberán estar presentes de maneira prioritaria na axenda política do Goberno central.

Tanto Camba como Gastón renovaron a súa intención de traballar man con man no obxectivo de mellorar as condicións de vida, e o acceso ás prestacións sociais, de toda a cidadanía galega e española no exterior, facendo especial fincapé na necesidade dunha estreita colaboración entre administracións para acadar as solucións máis áxiles e beneficiosas aos problemas que se detectan na diáspora.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas