GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

'Emigración: de mulleres valentes' percorre a historia migratoria das españolas

(19/09/2011)

'Emigración: de mulleres valentes' percorre a historia migratoria das españolas
Venres, 16 de Setembro de 2011

muestraOnte quedou inaugurada a exposición "Emigración: de mulleres valentes", que expón un percorrido dos fenómenos migratorios femininos desde finais do século XIX ata a actualidade e cuxo obxectivo é dar a coñecer esta parte da historia de España e as claves para comprender a relevancia social, política e económica dun proceso no que moitas mulleres foron as protagonistas.

Para a secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, que participou na inauguración, a mostra 'pon cara a aquelas cidadás que no seu momento foron invisibles pero que tamén se sacrificaron, co dobre de esforzo e a metade do recoñecemento, e axudaron desde fóra a levantar este país'.

O proxecto reflexa, a través de textos e imaxes, a realidade de mulleres anónimas protagonistas da emigración, nos séculos XIX, XX e a actualidade. Ademais, conta cun capítulo especial, dedicado ao exilio causado pola guerra civil española. O obxectivo é contemplar con outros ollos a historia da emigración española e devolver ás mulleres emigrantes o seu lugar na historia de España.

No acto de inauguración da exposición, celebrado en Vigo, estiveron presentes o alcalde da cidade, Abel Caballero, e a directora do Instituto da Muller, Teresa Blat, así como a comisaria da exposición, María Xosé Rodríguez Galdo.

Teresa Blat sinalou que 'o seu papel de ningún modo era secundario, como tampouco era menor o estereotipo que as perseguía e definíaas como pasivas e suxeitas ao proxecto migratorio do marido. Unha inxustiza de anos á que queremos dar voz nesta mostra', subliñou a directora do Instituto da Muller.

A exposición formará parte do Catálogo de Exposicións Itinerantes do Instituto da Muller. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas