GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Gallego de Montevideo celebra o seu 132º aniversario

(16/09/2011)

O Centro Gallego de Montevideo celebra o seu 132º aniversario

 
 
Mércores, 14.09.2011

O Centro Gallego de Montevideo acaba de conmemorar o seu 132 aniversario. O máis lonxevo dos centros galegos celebrou a xornada festiva baixo a presidencia de Jorge Torres Cantalapiedra, o primeiro non nacido en Galicia que dirixe a asociación.

Coa presenza dos ministros de Cultura, Ricardo Erhlich; de Turismo e Deportes, Héctor Lescano; do cónsul Eduardo de Quesada; da conselleira laboral Rosa Fuentes; e de directivos das institucións da colectividade realizouse unha cea de gala nas instalacións do Polideportivo de Carrasco.

Cantalapiedra tivo palabras para os dous últimos presidentes da institución, o falecido Manuel Calvo Pan, quen asinara o primeiro convenio coa Comunidade de Madrid para que os madrileños e as madrileñas gozasen das instalacións da institución, e Julio Ríos, de quen recibira a presidencia e fora o impulsor do ximnasio de recuperación cardíaca que vén levando a cabo e se prevé que estea rematado a finais de ano.

O cónsul de Quesada, ao saudar polo novo aniversario, recordou que son 64.000 os españois e españolas residentes en Uruguai, o que o converte no sexto país con maior número de persoas con nacionalidade española no mundo, sendo un 64,5% destas de orixe galega, e celebrou finalmente o relevo xeracional que se produciu na institución coa asunción de Torres.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas