GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santaballa recordará o seu pasado cunha xornada sobre migración e indianos

(16/09/2011)

Santaballa recordará o seu pasado cunha xornada sobre migración e indianos

 
 
Xoves, 15.09.2011

A escola habaneira de Santaballa rememorará o seu pasado o vindeiro sábado 24 coa celebración da primeira Xornada sobre Migración e Indianos, que organiza a liga Santaballesa con motivo da presentación do documental Lembranzas da infancia, recordos da escola, un traballo da produtora Imaxina que narra o impacto da emigración a principios do século XX na educación da época e inclúe imaxes da parroquia vilalbesa.

O programa das xornadas, que arrincará ás 10.30 horas e prolongarase ata a noite, incluirá varias charlas, ademais da presentación do documental e o visionado do curto O legado migratorio santaballés. Ademais, pola tarde, haberá unha mesa redonda sobre a experiencia migratoria, unha merenda popular, que incluirá unha gran queimada, e diversos espectáculos.

Durante todo o día, os e as membros da liga recrearán diversos labores e oficios da época, como carpinteiros, zoqueiros, afiadores, ferreiros, cesteiros ou palilleiras, entre outros moitos. Aparte, organizaranse xogos tradicionais, haberá un concerto de habaneiras e outro de gaiteiros e a agrupación Troula Animación, de Vigo, presentará varios espectáculos.

Charlas
Para o programa, están confirmados o historiador Novo Cazón, que falará sobre a situación de Galicia a principios do XX, e Marisa Pazos, que disertará sobre movementos migratorios. Tamén se baralla a participación de Domingo Lopo, para falar de migración na Idade Moderna, e Vicente Pena, cunha charla sobre remesas culturais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas