GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración fai pública a listaxe de entidades sen ánimo de lucro subvencionadas este ano para a integración de inmigrantes

(09/09/2011)

Emigración fai pública a listaxe de entidades sen ánimo de lucro subvencionadas este ano para a integración de inmigrantes

 
 
xoves, 08.09.2011
  • Para este fin, a Secretaría Xeral destina 400.000 euros, que se engaden a idéntica cantidade dirixida ás corporacións municipais.

  • Un total de 37 organizacións recibirán entre 3.000 e 39.000 euros de subvención para os seus programas.


A Secretaría Xeral da Emigración ven de facer pública a resolución das subvencións concedidas a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver proxectos destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade  Autónoma galega para o presente ano 2011. Esta resolución completa a que se facía pública esta mesma semana, referida a axudas similares con destino aos programas desenvolvidos polos concellos galegos.

Desta maneira, sumando os cartos cos que Emigración subvenciona programas levados a cabo polas citadas corporacións locais, e máis polas entidades sen ánimo de lucro cuxas subvencións veñen de darse a coñecer, a cifra global acada os oitocentos mil euros, dedicados por Emigración a programas de inserción da poboación inmigrante e retornada con enderezo en Galicia.

Son un total de 37 as entidades que se benefician desta orde, que recibirán entre 3.000 e 39.000 euros de subvención, e pertencentes ás catro provincias. A Secretaría Xeral tivo sempre presente, á hora de decidirse polos proxectos a subvencionar, o interese da iniciativa candidata, e a compensación coas vilas e comarcas con meirande presenza, porcentual e global, de poboación inmigrante e retornada.

Proxectos máis relevantes
O proxecto con maior dotación económica, 39.000 euros, engloba tres liñas de actuación: acollida temporal con aloxamento e manutención, asesoría xurídica e legal, e atención psicosocial. O segundo, dotado con 33.000 euros, baséase noutros tres eixos: servizo de atención básica (aloxamento e manutención), asesoría xurídica, e programa de promoción da saúde entre a poboación inmigrante.

O terceiro e cuarto dos proxectos subvencionados, por orde económica, están ambos dotados con 30.000 euros. Un abrangue liñas de aloxamento, manutención, acollida de urxencia, formación e orientación. E o outro, manutención, comedor e bolsas de alimentos para o colectivo de inmigrantes e retornados e retornadas.

O quinto dos proxectos subvencionados, neste caso cun importe de 27.000 euros, engloba tres programas: un de asistencia sociosanitaria integral; outro de atención a persoas con especial vulnerabilidade, reclusos e ex reclusos; e un terceiro (“Opçâo + Futuro: sensibilizar para a migraçâo positiva”, co financiado pola Unión Europea) desenvolvido pola ONGD galega Ecos do Sur en colaboración con entidades de Portugal, Mozambique, Cabo Verde e Santo Tomé.

A listaxe (que pode consultarse completa no DOG deste xoves) resolve a convocatoria realizada no primeiro semestre deste ano, na que se fixaba sistema de concorrencia competitiva, é dicir, elección das mellores ofertas entre tódalas presentadas, segundo baremo técnico publicado, e acorde aos obxectivos estratéxicos marcados pola propia Secretaría.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas