GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

José Luís Portomeñe, emigrante lucense en Arxentina, está moi enfermo e soña con saber que foi dos seus antes de morrer

(12/08/2011)

José Luís Portomeñe, emigrante lucense en Arxentina, está moi enfermo e soña con saber que foi dos seus antes de morrer

Autor:
lucía rei
Localidade:
lugo / a voz
Data de publicación:

La última llamada a casa de Luis

José Luís Portomeñe Gabiero naceu o 29 de febreiro de 1952 na parroquia de Vilar de Cabalos, no municipio lucense de Taboada. Os seus pais, Elvira e Emilio, eran labradores e tiñan outros seis fillos: Emma, Antonio, Olga, Fernando, Manolo e Guillermo. A principios do ano 1970, antes de cumprir 18 anos, Luís embarcou nun avión con rumbo a Arxentina coa esperanza de atopar un futuro máis próspero alén do Atlántico. Pero, como miles de emigrantes galegos, por circunstancias da vida, nunca regresou a España.

Corenta e un anos logo daquela partida, Luís vive só en Perdriel, un municipio duns 4.000 habitantes do departamento de Luján de Cuxo, situado na provincia de Mendoza, no interior do país. Está gravemente enfermo -sofre un cancro moi avanzado- e soña con saber que foi dos seus antes de morrer.

«Antes de vir acá estivo a vivir en Buenos Aires cun tío e un irmán, Guillermo, cos que veu de Lugo, pero con eles tamén perdeu o contacto», relata Fernando Poboa, o amigo que se puxo en contacto con La Voz a través da páxina en Facebook da edición de Lugo (http://www.facebook.com/#!/vozlugo).

 

Dezaoito anos en Buenos Aires

Na capital arxentina, Portomeñe pasou 18 anos traballando na fábrica de soda que tiña o marido dunha tía irmá da súa nai. «Eles foron os que lle pagaron as pasaxes», indica Poboa. En 1988, o emigrante de Taboada cambiou os aires porteños para trasladarse á provincia de Mendoza, onde traballou como cociñeiro nun restaurante. «Despois puxo un local propio de venda de pito á grella, pero lle roubaron e perdeu todo, incluído o maletín onde tiña o pasaporte, a fe de nacemento e unha axenda con todos os números de teléfono dos tíos que estaban en Buenos Aires e a familia en España», sinala o seu amigo.

Nos seus últimos anos en activo, Luís saíu adiante dedicándose á pintura de obra. Agora está moi enfermo e non pode traballar. Nunca formou unha familia e os seus días transcorren case en solitario, coa única compañía de amigos como Fernando, que comezou unha procura case á desesperada de familiares ou achegados. «Eu coñézoo a el hai cinco anos e non é de falar moito, pero agora véxoo moi triste e con pouco tempo de vida», lamenta. «A súa vontade é saber algo da súa familia, conseguir un número de teléfono ou unha dirección para poder contactar con algún dos seus irmáns», sinala Poboa.

A mirada de Portomeñe, que ten os ollos dun azul especialmente claro, pérdese a diario moitas veces no infinito, quizais recordando os seus anos de infancia e mocidade. «Cóntanos que lle gustaba pescar nun encoro que se chama Miño», narran os seus amigos.

 

Paisaxes lindas de Lugo

«Preguntámoslle que o motivou a vir a Arxentina logo de ver as paisaxes tan lindas que ten Lugo e a súa muralla tan grande. Contounos que a situación económica no ano setenta era moi mala e pensa que se cadra os seus familiares tamén se foron de Taboada. Moito non lle podemos preguntar porque se pon mal ao recordar», detalla o amigo. A súa mensaxe botou a voar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas