GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Melilla pide a Goberno que esixa a Marrocos colaboración contra inmigración

(10/08/2011)

Melilla pide a Goberno que esixa a Marrocos colaboración contra inmigración

09-08-2011

A preguntas dos xornalistas, o presidente accidental do Executivo de Melilla, Miguel Marín, recordou que esta petición "non é nova, senón que foi reiterada ao longo dos últimos anos", ao considerar que Marrocos non está cumprindo ca sua parte do acordo de boa veciñanza que ambos os países teñen asinado.

Segundo Marín, este convenio esixe que España e Marrocos actúen con lealdade en temas como a inmigración, e "España sempre o fai".

Por esta razón, pediu ao Goberno de España que tamén esixa a Marrocos "esa lealdade institucional e esa colaboración e cooperación para evitar a inmigración ilegal".

Marín asegurou que a experiencia dos últimos anos deixou claro que "cando o goberno de Marrocos quixo, evitou esa inmigración ilegal, e cando non quixo, non a evitou".

"Eu creo que debe ser o propio Goberno central quen esixa a Marrocos que colabore e impida a inmigración ilegal que tanto dano fai a ambas as cidades",  dixo Marín, facéndose eco da saturación que viven en Melilla tanto o Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI) como os centros de menores.

O censo do CETI onte era de 650 inmigrantes, a pesar de que a súa ocupación máxima é de 480 prazas, aínda que non se produce ningunha entrada de estranxeiros sen papeis desde o pasado venres, segundo informou a Efe a Delegación do Goberno.

En canto aos centros de menores, a Consellería de Benestar Social e Sanidade informou de que a ocupación a data de onte era de 131 menores estranxeiros non acompañados, cando "o ideal" é que non pase de 120.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas