GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos no exterior poderán gozar outro ano máis das bolsas universitarias

(09/08/2011)

Os galegos no exterior poderán gozar outro ano máis das bolsas universitarias

 
,
martes, 09.08.2011

Os galegos residentes no exterior e os descendentes ata o segundo grao de consanguinidade de emigrantes nacidos ou que residisen un mínimo de dez anos en Galicia, poderán gozar un ano máis das bolsas para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia, grazas ao programa que desenvolve a Secretaría Xeral da Emigración para colaborar con este colectivo.

Tamén poderán beneficiarse desta medida os solicitantes de prórroga de bolsas concedidas en convocatorias anteriores, segundo se recoñece nunha resolución do pasado 24 de xuño, na que se aprobaron as bases polas cales se rexerá a concesión de bolsas de nova adxudicación ou a súa prórroga, para a realización de estudos presenciais universitarios, de intercambios universitarios ou estudos de formación profesional de carácter oficial en centros públicos ou privados de Galicia a través de catro programas.

O primeiro deles, contempla a concesión de bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional para a obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Un segundo programa inclúe bolsas para a realización de estudos conducentes á obtención do título de máster universitario.

O terceiro programa fala de intercambio para a realización de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades de Galicia que teñan asinados convenios con universidades de países extracomunitarios.

Cada bolsa concedida dentro dos programas 1, 2 e 3 estará integrada por unha axuda máxima de 6.000 euros, destinada a sufragar os gastos académicos derivados dos seus estudos, da estancía e manutención. No caso de axudas para o programa 3 de intercambio, na modalidade dun cuadrimestre (ata 6 meses), a contía máxima será de 4.000 euros, para os mesmos conceptos.

No caso dos solicitantes que opten a unha bolsa de nova adxudicación de intercambio e acrediten residencia no estranxeiro, unha axuda destinada a sufragar os gastos derivados da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia do beneficiario no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia: estudantes residentes en países europeos, 350 euros; estudantes residentes no resto de países, 1.000 euros.

Por último, o cuarto programa inclúe bolsas para a realización de estudos de formación profesional de grao superior en centros docentes públicos e centros privados da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan estas ensinanzas concertadas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas