GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes adáptanse á crise para enviar máis diñeiro aos seus países

(09/08/2011)

Os inmigrantes adáptanse á crise para enviar máis diñeiro aos seus países
As remesas creceron un 16,7% este primeiro trimestre respecto ao mesmo período de 2010

Belén Hernández / Raquel Seco Madrid 8 AGO 2011

Os envíos desde España ao estranxeiro crecen, sobre todo pola adaptación dos inmigrantes á situación económica. As remesas creceron un 16,7% respecto ao mesmo período de 2010. Se entre xaneiro e marzo do ano pasado os inmigrantes fixeron chegar 1.582 millóns de euros aos seus países de orixe, este ano mandaron 1.846, segundo os datos do Banco de España.

A cifra significa o fin provisional da crise de remesas que viviu o país entre xuño de 2008 e xuño de 2010, cando os envíos acumularon unha caída total do 17%, segundo o centro de estudos Remesas.org. A recuperación xa comezou no terceiro e cuarto trimestre de 2010, aínda que naquel entón roldaba o 3% e 4%, e agora é un incremento "máis que notable", explica Íñigo Morei, director de Remesas.org. Non se vía un dato así, en termos interanuais, desde 2007.

Moitos venden o coche, prescinden de vacacións e volven compartir piso
A primeira explicación que vén á cabeza é que aos inmigrantes subíronlles o soldo, ou ben que haxa máis estranxeiros cobrando salarios similares. Non é o caso, subliña Morei. O aumento das remesas débese, en primeiro lugar, a que a crise laboral agora é menos aguda do que chegou a ser para eles. En xaneiro, a caída interanual de inmigrantes inscritos na Seguridade Social era do 3,1%, lonxe dos cocientes do 15% que se daban en 2009. "Non se destrúe emprego formal á velocidade de 2009 e 2010, pero tampouco se crea con forza aínda", apunta.

Iso si, as cifras non saen só desa lixeira recuperación económica, senón da adaptación á contorna. "Máis por esforzo e renuncias que porque os inmigrantes o atoparan", sintetiza Íñigo Morei. Que fan para enviar remesas? As estratexias son variadas. É moi socorrido que as familias se disgreguen, segundo Vladimir Paspuel, presidente da Asociación hispano ecuatoriana Rumiñahui: "Retornan o esposo e os nenos e a muller queda traballando, por exemplo, como interna no servizo doméstico". Deste xeito, todos os gastos de manutención trasládanse ao país de orixe.

Un caso habitual: retornan marido e fillos e a esposa queda en España
O exemplo vénlle como anel ao dedo a Verónica, ecuatoriana de 28 anos que traballa no aeroporto de Madrid. Leva desde 2003 en España e nese tempo foi perruqueira, empregada doméstica, camareira... Aquí casou cun compatriota e aquí tivo un fillo. En xaneiro de 2008, o seu marido, que traballaba no sector da construción, quedou no paro por primeira vez. Tardou un ano en atopar outra cousa. En febreiro deste ano volveu perder o emprego. "Aí tivemos que tomar unha decisión. É moi difícil vivir só cun soldo cando se teñen nenos, hai que pagar o aluguer dun piso... E eu teño traballo fixo". Gaña uns 1.000 euros ao mes e a súa parella, que se marchou de España en maio, segue buscando emprego. Verónica agora afronta o pago das pasaxes da familia a Ecuador e o envío dunha remesa duns 200 euros mensuais para manutención, gastos médicos, etcétera... "Estame custando. É unha loita constante e un sacrificio", suspira.

Verónica pasou a vivir nun piso compartido cando se marcharon o seu esposo e o seu fillo. É, explica Íñigo Morei, outro dos recursos dos inmigrantes para seguir enviando diñeiro aos seus parentes. Volven, ata, aos chamados pisos patera. Tamén renuncian ao lecer, ás vacacións, venden o coche... Se antes remitían entre o 15% e o 20% do seu salario, agora mandan entre o 20% e o 30%.

En canto aos que máis e menos envían, desde Remesas.org sinalan que, se se cuantifica o sacrificio salarial, os que prescinden dunha maior parte do seu salario son paraguaios e bolivianos (case o 30%), mentres que os arxentinos roldan o 8% e outros (británicos, cidadáns de países con máis renda per cápita que España) non dan nada. En termos absolutos, chineses e filipinos son os que máis mandan: uns 3.000 euros ao ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas