GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba entrega as pezas para instalar o 'cruceiro' en Punta Arenas

(08/08/2011)

Santiago Camba entrega as pezas para instalar o 'cruceiro' en Punta Arenas

 
 
luns, 08.08.2011
  • Tamén se reuniu con autoridades e empresarios da zona

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, reuniuse con autoridades locais e tamén con representantes de empresas chilenas con capitais galegos. Ademais, o responsable de Emigración da Xunta entregou as cinco pezas do 'cruceiro' que se emprazará na cidade capital de Magallanes, a rexión máis austral de Chile.

A intensa xornada en Punta Arenas, capital da rexión de Magallanes, iniciouse coa reunión de Santiago Camba con representantes de Pesca Cisne, encabezada polo xerente xeral da entidade Adolfo Surís Riobó.

Xa pola tarde, o responsable de Emigración da Xunta reuniuse con diversas autoridades de goberno da cidade chilena. A primeira delas foi coa gobernadora, Gloria Vilicic. A esta cita seguiulle unha reunión co vicealmirante Rafael González R., xefe da Terceira Zona Naval.

A reunión final da tarde foi con Vladimiro Mimica, alcalde de Punta Arenas. Posteriormente, Santiago Camba levou a cabo a entrega das cinco pezas para o futuro 'cruceiro' que se instalará na cidade. A devandita entrega tivo lugar nas dependencias da Municipalidade de Punta Arenas, ante unha concorrida cerimonia á que asistiron máis de cento cincuenta persoas. Entre estes contábanse numerosos descendentes de familias galegas, autoridades e representantes de organizacións e empresas galegas e chilenas. Na oportunidade, Santiago Camba recordou ao embaixador Víctor Fagilde, cónsul xeral de España en Santiago de Chile, quen promoveu, por unha lado, o achegamento entre Galicia e a rexión de Magallanes simbolizadas a través da doazón do 'cruceiro', e por outro, propuxo a súa significativa localización no parque histórico Rei don Felipe.

O secretario xeral da Emigración destacou de feito no seu discurso que "as xeografías de ambos os dous países están salpicadas por todos os accidentes imaxinables derivados da escarpada orografía que producen eses xigantes abrazos entre mar e montaña; chilenos e galegos sabemos o que é un duro inverno, e un tórrido verán, e coñecemos a necesidade de arrancar a terra, e o mar, os froitos necesarios para garantir a subsistencia propia, e a das xeracións próximas. Trátase dun vínculo ancestral que nos enlaza cos nosos antepasados, si, pero que tamén supón o máis firme compromiso con quen ten sucedernos neste planeta".

Nas tres audiencias coas autoridades locais púxose en evidencia a proximidade do pobo da cidade de Punta Arenas como da rexión de Magallanes coa comunidade hispana e, en especial, a galega, colectividade que conta cun gran recoñecemento rexional.

Logo, Santiago Camba tivo un encontro con diversas autoridades nunha cea ofrecida polo grupo empresarial Pescanova, encabezada por Marco Osuna, xerente xeral de Pesca Chile, pertencente ao devandito grupo. Á cita asistiron as autoridades locais anteriormente mencionadas, concelleiros locais, o responsable do Parque Histórico onde se encontre o porto Rey don Felipe e o vicecónsul honorario da cidade, Rodrigo Fernández.

Chiloé
A cita precedeu á inauguración do 'cruceiro' da cidade Castro, na illa grande de Chiloé, un arquipélago co que Galicia ten moitas similitudes culturais e etnográficas. Ao mesmo tempo, con Chiloé existen agora importantes vinculacións empresariais que derivan, precisamente, do aproveitamento marítimo e pesqueiro.

O máximo responsable autonómico da Emigración rematará esta viaxe en Lima, cidade que aínda non visitou na súa condición de secretario xeral da Emigración. Na capital do Perú manterá un encontro coa colectividade galega, e tamén, ao igual que no caso de Chile, cos empresarios con intereses nese país andino.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas