GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba reúnese con emigrantes e empresarios galegos en Chiloé, a terra austral máis similar a Galicia

(08/08/2011)

Camba reúnese con emigrantes e empresarios galegos en Chiloé, a terra austral máis similar a Galicia

 
 
luns, 08.08.2011
  • O secretario xeral da Emigración presidiu a cesión oficial dun cruceiro doado pola diáspora á comunidade local

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presidiu en Santiago de Castro, capital do arquipélago de Chiloé, a cesión oficial dun cruceiro ás autoridades locais doado pola colectividade galega nesta rexión andina. Trátase dunha peza que quere simbolizar non só o recordo do importante número de galegos residentes alí, senón as relevantes similitudes entre Chiloé e Galicia.

Boa parte desas analoxías foron precisamente salientadas por Camba no seu discurso. Así, lembrou o paralelismo do nome de cadansúa capital de territorio (ambas son Santiago, unha de Compostela, e outra de Castro, que tamén ten reminiscencias galegas). E tamén puxo de relevo a similitude na propia descrición xenérica, pois Chiloé foi denominada inicialmente ‘Nova Galicia’.

A influenza da pesca na economía, o carácter propio pero profundamente integrador de chilotes e galegos, e moitas outras coincidencias, foron postas de manifesto por Santiago Camba, quen asegurou que o cruceiro cedido é símbolo de que “a nosa unión faise patente en diversas iniciativas empresariais que renovan ese compromiso que os chilotes demostran con Galicia, e que os galegos teremos xa por sempre con Chiloé. Iniciativas que hoxe quero recordar e poñer en valor; son perfectamente consciente, como o é o resto de galegas e galegos, que un compromiso debe facerse real á marxe de palabras bonitas e sentimentos fermosos. Non, o compromiso é futuro en común, e a profunda conexión entre os nosos pobos amósase da maneira máis cotián que os habitantes de ambas beiras do Atlántico poderían desexar, é dicir, a través de negocios, empregos, en definitiva, de riqueza, prosperidade e desenvolvemento. Oxalá o futuro depare para todos nós moitas máis aventuras felices neste terreo, e que podamos desenvolver, e desenvolvernos en, un futuro común cheo de novos éxitos empresariais”.

O cruceiro de Chiloé, canda o inaugurado o día anterior en Punta Arenas, son vestixios para o futuro desta profunda relación e mutuo respecto e admiración dos pobos galego e chileno. Trátase de cesións realizadas pola propia colectividade galega, que pretende así amosar o agradecemento ás comunidades que as acolleron.

Remata en Perú
Camba aproveitou a súa viaxe para realizar contactos con representantes destas colectividades, e tamén dos empresarios galegos con intereses na zona. Concluirá a súa viaxe en Lima, onde terá lugar o seu primeiro contacto oficial coa diáspora no Perú na súa condición de secretario xeral da Emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas