GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Bruxelas pide solidariedade e acción para evitar a morte de inmigrantes

(08/08/2011)

Bruxelas pide solidariedade e acción para evitar a morte de inmigrantes

06 de Ago, 2011

Cadáveres de inmigrantes muertos al intentar llegar a EuropaA A morte no mar de decenas de inmigrantes africanos que intentaban chegar á illa italiana de Lampedusa suma outro bochornoso capítulo á historia da política de inmigración europea. Mentres Italia pide á OTAN que investigue por que os seus buques non auxiliaron a unha embarcación á deriva con 300 inmigrantes a bordo, a Comisión Europea pide aos 27 máis solidariedade e máis esforzos para axudar ás persoas que necesitan protección internacional.

A comisaria europea de Interior, Cecilia Malmström, di nun comunicado estar profundamente entristecida por estas traxedias: «Nos últimos días e as últimas semanas fomos testemuñas dun número cada vez maior de persoas que foxen de Libia e intentan chegar ás costas europeas, en particular á illa de Lampedusa. A morte onte de máis de cen persoas é outro exemplo terrible da desesperación humana».

O ministro de Asuntos Exteriores italiano, Franco Frattini, pediu que OTAN abra unha investigación formal sobre a suposta falta de axuda dunha das naves da Alianza a un barco de inmigrantes que chegou este xoves á illa de Lampedusa procedente de Libia. A embarcación estivo á deriva varios días con 300 inmigrantes a bordo e foi socorrida por un barco chipriota e dúas patrullas da garda costeira italiana. Os pasaxeiros aseguran que cen dos seus compañeiros morreron de fame e asfixia durante a viaxe.

A comisaria Malmström recordou que todos os buques teñen a obrigación de prestar axuda aqueles que viven unha situación de urxencia no mar, con independencia da súa nacionalidade, o seu status ou as circunstancias nas que se atopan nese momento. «Urxo a todos os países e a todas as organizacións a facer todos os esforzos para garantir a protección desas vidas», dixo a representante da Comisión Europea, quen tamén insistiu en que os socios da UE e os países terceiros da rexión teñen que cooperar para coordinar operacións de rescate e atopar un lugar seguro para o desembarco das persoas socorridas.

A comisaria asegura que Bruxelas fai importantes esforzos para protexer a quen foxen do norte de África, pero recoñece o fracaso das políticas migratorias europeas cando di que a aceleración dun programa de recolocación de toda a UE e a acollida dun maior número de refuxiados -con máis lugares de recepción e alixeirando os procedementos de saída de quen esperan ser recolocados nas áreas fronteirizas con Libia, en particular de Exipto e Tunisia- demostrarían unha maior solidariedade e un compromiso moi necesario con estas persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas