GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba inicia unha viaxe por Latinoamérica, onde presidirá a cesión de candanseu cruceiro en Punta Arenas e Chiloé

(03/08/2011)

Camba inicia unha viaxe por Latinoamérica, onde presidirá a cesión de candanseu cruceiro en Punta Arenas e Chiloé

 
 
mércores, 03.08.2011
  • En tres cidades de Chile, e tamén na capital de Perú, o secretario xeral da Emigración manterá encontros coa diáspora, e con empresarios galegos con negocios neses países

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, iniciou esta noite unha viaxe por Chile e Perú, onde procederá á cesión oficial de cadanseu cruceiro nas municipalidades de Punta Arenas (capital da rexión de Magallanes e Antártica Chilena) e Santiago de Castro (capital do arquipélago de Chiloé), e manterá contacto cos representantes das colectividades máis destacadas dalgunhas cidades destes dous países andinos.

Camba, canda as autoridades locais, presidirá a cesión do cruceiro que a propia colectividade galega residente en Punta Arenas desexou ceder á cidade receptora. A modo de anécdota, cómpre salientar que o cruceiro pasará a formar parte da historia galega, por canto estará asentado na cidade maior de cen mil habitantes situada máis ao sur do planeta, xa ben preto da illa de Tierra de Fuego, e se converterá así no cruceiro máis meridional do mundo.

Un acto similar terá lugar un pouco máis ao norte, no arquipélago de Chiloé, co que Galicia ten moitas similitudes culturais e etnográficas. Empezando polo nome da súa capital (Santiago de Castro) e seguindo pola importancia do mar e da montaña na súa historia e tamén no seu desenvolvemento e progreso; de feito, con Chiloé existen arestora importantes vinculacións empresariais que derivan, precisamente, do aproveitamento do océano.

Intereses galegos
Tanto nestas dúas localidades chilenas como na propia capital do país, Santiago, o secretario xeral da Emigración desenvolverá unha apertada axenda de contactos coas autoridades locais e con representantes dos colectivos de galegos residentes no país andino, aos que escoitará as súas necesidades e inquedanzas.

Igualmente, analizará as perspectivas de presente e futuro das empresas con participación galega que desenvolven o seu traballo en Chile, con especial atención a aquelas que o fan no sector da pesca e a conserva, no que Galicia é punteira no mundo.

Finalmente, Santiago Camba achegarase, xa na súa andaina de retorno, ata Lima, cidade que aínda non visitara na súa condición de secretario xeral da Emigración. Na capital do Perú manterá un encontro coa colectividade galega, menos numerosa que a presente noutros países de Latinoamérica, pero igualmente moi activa desde a perspectiva social, e cos mesmos folgos á hora de manter as tradicións e idiosincrasia galegas no hemisferio sur.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas