GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

COMEZA O RAMADÁN

(02/08/2011)

COMEZA O RAMADÁN

Trinta días dedicados ao xaxún, a caridade, a disciplina e a fe

Mil millóns de musulmáns, dos que 1,5 viven en España, empezaron onte o noveno mes do ano lunar

Autor:
sara carreira
Localidade:
redacción / a voz
Data de publicación:

Onte comezou o ramadán para a práctica totalidade dos 1,5 millóns de musulmáns de 30 nacionalidades que viven en España.

 

¿Que significa o ramadán?

En moitas relixións hai un período para o xaxún como depuración do corpo para preparalo para a festa grande. No catolicismo é a coresma, que dá paso á resurrección de Jesús; entre os musulmáns, o ramadán, que precede á revelación do Corán e no que predomina a virtude da obediencia. Iso si, non é exacto dicir que coresma e ramadán son equivalentes.

 

¿Por que cambia o mes en que se celebra?

Non cambia, é o noveno mes do ano do calendario musulmán, que se divide segundo as lúas. O que ocorre é que este ano é once días máis curto que o gregoriano por iso parece «cambiante».

 

¿A que está obrigado o crente este mes?

As obrigacións seguen ao espírito deste mes: depuración do corpo e alma. Xa que logo, limítase o consumo de comida e bebida ás horas da noite, e os crentes non poden nin fumar nin ter relacións sexuais durante o día. Ademais, hai unha disciplina da alma: é tempo de reflexión, perdón, caridade, fe e oración.

 

¿Quen deben cumprir as normas de xaxún?

En principio, todos os adultos sans, homes e mulleres, deben cumprir os preceptos que marca a norma, pero hai excepcións, como as embarazadas, os enfermos, os viaxeiros ou os combatentes.

 

-¿Realmente cúmprese?

-O presidente da Unión de Comunidades Islámicas, Riay Tatari, dixo a Efe que o 95 % dos musulmáns en España cumpren as normas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas