GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social gana 40 afiliados estranxeiros este mes

(22/07/2011)

A Seguridade Social gana 40 afiliados estranxeiros este mes

O número de inmigrantes que cotizan en Galicia crece ata 37.027 no mes de xuño

MARÍA ALIJA SANTIAGO 22.07.2011

Neste último mes, 40 persoas de distintas nacionalidades foron dadas de alta na Seguridade Social de Galicia. O número de estranxeiros afiliados na comunidade crece ata os 37.027, pero o fai a menor ritmo que en anos anteriores: un 7,27% menos na comparación interanual, segundo o balance realizado polo Ministerio de Traballo e Inmigración.

A distribución da poboación de orixe estranxeira é dispar entre as provincias galegas. As que albergan maior número de traballadores foráneos son Pontevedra (13.797) e A Coruña (13.094), que chegan a dobrar con fartura a Lugo e Ourense, con 5.608 e 4.528 cotizantes estranxeiros, respectivamente.

Do total de inmigrantes afiliados en Galicia en xuño, un 60% (22.182) pertencían a países de fóra da Unión Europea, fronte aos 14.844 que chegaron de estados membros.

En canto á forma de cotizar, a gran maioría de estranxeiros faio a través do réxime xeral (24.848), seguido dos autónomos, que son case cinco mil, e dos empregados de fogar, ao redor de catro mil. Outros están dados de alta como traballadores do mar (1.617) e no sector agrario (1.466).

A nivel nacional, a Seguridade Social gañou cotizantes estranxeiros por cuarto mes consecutivo. A cifra aumenta un 0,4%, ata situarse en 1.850.903 de ocupados. A clasificación por comunidades sitúa a Galicia como unha das comunidades da cola: décimo segunda na lista de 17. Comunidade de Madrid e Cataluña reúnen, por si soas, o 43,3% destes afiliados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas