GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta analiza co Goberno andorrano a situación da colectividade galega no país

(19/07/2011)

A Xunta analiza co Goberno andorrano a situación da colectividade galega no país

 
 
martes, 19.07.2011
  • O Conselleiro de Presidencia e o Secretario Xeral da Emigración reuníronse onte co xefe de Goberno do Principado.

  • Tamén mantiveron encontros coa consol major de Andorra la Vella e cos membros da Casa de Galicia.

  • Rueda e Camba participaron na inauguración dun cruceiro doado pola Casa de Galicia ao pobo andorrano.



O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado do Secretario Xeral da Emigración da Xunta, Santiago Camba, efectuaron onte unha visita a Andorra, onde mantiveron un encontro co Xefe de Goberno do Principado, o Conseller en Cap, Antoni Martí, co que analizaron as principais preocupacións e a situación da colectividade galega no país, que supera as 4.000 persoas.

Na reunión, na que tamén estivo a Consol Major do Comú d´Andorra la Vella, Rosa Ferrer, e o presidente da Casa de Galicia en Andorra, Antonio Iglesias, abordouse a situación política e económica do país, que acaba de elixir novo conseller en cap e que nos últimos anos ten afrontado importantes cambios na súa lexislación, que tamén afectan aos numerosos galegos que residen neste pequeno Estado. Rueda, Camba e Martí analizaron precisamente as peculiaridades deste país transfronteirizo, cuxa economía depende en boa medida da española e que, ao igual que esta, atravesa unha situación de dificultades.

Tras o encontro, os dirixentes galegos foron recibidos oficialmente na sede do Comú pola Consol Major, coa que a continuación inauguraron o cruceiro doado pola colectividade galega residente en Andorra ao municipio de Andorra La Vella, capital do país. O cruceiro está instalado nun cruce de rúas e leva inscrito un mensaxe de agradecemento da colectividade galega ao pobo andorrano, en recoñecemento da súa amizade e irmanamento.

No acto estiveron presentes varios membros da Casa de Galicia, varios Consellers do Comú e o embaixador de España en Andorra, Alberto Moreno, quen tamén aproveitou para visitar posteriormente as instalacións da Casa de Galicia en Andorra co conselleiro de Presidencia e co secretario xeral de Exteriores.

O Conselleiro de Presidencia destacou a relevancia que ten a emigración galega en Andorra, con emprendedores e emprendedoras que tiveron unha gran contribución para dinamizar a economía e con importantes aportacións sociais e culturais e, así mesmo, tamén agradeceu a hospitalidade do pobo andorrano, que acolleu xenerosamente aos galegos emigrados ao país. Nese sentido, apuntou á carga simbólica que ten o cruceiro inaugurado onte, xa que é a mostra da irmandade que teñen forxado andorranos, andorranas e galegos e galegas dende mediados do pasado século.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas