GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O INE estima que Galicia sufrirá este ano a maior caída poboacional da década

(19/07/2011)

O INE estima que Galicia sufrirá este ano a maior caída poboacional da década

 

A comunidade agrava a súa sangría demográfica, con 4.300 mortes máis que nacementos entre xaneiro e xuño. A chegada de inmigrantes cae e o número dos que emigran aumenta pola crise

 
 
 
 
 

TICIANO DOMÍNGUEZ | SANTIAGO Galicia non pon logra pór freo á crise demográfica. Os peores prognósticos para a comunidade van camiño de cumprirse: 2011 pasará á historia como o ano coa maior caída poboacional da última década. As estimacións publicadas onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE) mostran que a sangría demográfica de Galicia iniciada en 2008 chegou ao seu punto álxido: a comunidade ten 2.731.975 habitantes, 4.600 empadroados menos que hai un ano, o que supón un descenso do 10,1%.

Desde 2008 hai sucesivos rexistros de descensos demográficos na comunidade principalmente polo incremento das defuncións e o descenso de nacementos -no primeiro semestre deste ano morreron 4.282 persoas máis que as que naceron-.

A novidade é que a diferenza dos dous anos anteriores, Galicia presentou un saldo migratorio negativo. É dicir, marcháronse máis cidadáns ao estranxeiro dos que chegaron, unha consecuencia clara da crise. A diferenza entre o número de inmigrantes e emigrantes, considerando tanto os fluxos entre comunidades como ao exterior, desvela un saldo negativo de 343 persoas. Ademais, a comunidade autónoma rexistrou no primeiro semestre de 2011 un total de 10.873 nacementos, fronte a 15.155 defuncións. De manterse o índice de partos e falecementos do primeiro semestre do ano, Galicia pechará 2011 co terceiro balance consecutivo en números vermellos.

Segundo as estimacións do INE, Galicia é a cuarta comunidade que máis reduce a súa poboación tras Cataluña (que perdeu 17.971 habitantes), Castela-León (11.162 persoas menos) e País Vasco (-10.086); e seguida de Asturias (-2.581); e Cantabria (-768).

Á débil natalidade de Galicia, hai que sumar agora que a inmigración deixou de ser un achegue importante de habitantes para a comunidade. Segundo os cálculos do INE, no primeiro semestre do ano máis de 6.800 persoas empadroadas en Galicia marcháronse ao estranxeiro e 10.911 se han ir a vivir a outras comunidades. Na súa maioría trátase de estranxeiros, que chegaron a terras galegas en época de bonanza en busca de posibilidades de traballo, e agora, en momentos de crises, deciden probar sorte noutras partes.

Pola contra, son menos os inmigrantes que chegan á comunidade: só 6.430 entre xaneiro e xullo, aos que se suman outras 10.941 persoas que se asentaron en Galicia procedentes doutras rexións.

A provincia galega que perdeu máis poboación foi Lugo (-2.632 habitantes), seguida de Ourense (con 2.612 persoas menos). Á súa vez A Coruña e Pontevedra rexistraron unha pequena subida nos seus padróns, segundo os cálculos do INE con 331 novos cidadáns e 313, respectivamente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas