GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Chegan a Galicia os rapaces e rapazas da diáspora participantes na segunda quenda dos campamentos de verán da Xunta

(18/07/2011)

Chegan a Galicia os rapaces e rapazas da diáspora participantes na segunda quenda dos campamentos de verán da Xunta

 
 
luns, 18.07.2011
  • Na convocatoria deste ano, estanse a beneficiar máis de 300 fillos, fillas, netos e netas de emigrantes galegos e galegas residentes no exterior.

  • Estarán 12 días nas instalacións oficiais, pero despois poden quedar ata un mes máis a cargo dos seus familiares.



Os e as participantes na segunda quenda dos Campamentos de Verán 2011 da Xunta de Galicia procedentes da diáspora aterraron onte no aeroporto compostelán de Lavacolla. Nesta quenda, correspondente á segunda quincena de xullo, participan 224 rapaces e rapazas.

Os e as 93 máis madrugadores (con orixe en Arxentina, Uruguai e Chile) facíano á unha do mediodía. Dos e das restantes, 61 (procedentes de Venezuela, Brasil e Perú) arribaban ás cinco da tarde. Outros 66 residentes na Arxentina, e 2 cubanos, tocaban solo compostelán ás oito menos vinte da tarde. E finalmente, 1 procedente de Francia o facía ás catro e media, e o outro desde Barcelona ás tres menos vinte.

Estas 224 prazas, a as restantes ata un número superior ás 300 neste verán, corresponden ás reservadas a fillos e netos de emigrantes galegos no exterior nos Campamentos de Verán. A Secretaría Xeral encárgase da convocatoria, selección de beneficiarios e beneficiarias e financiamento da viaxe, así como dos traslados de regreso do albergue ata o aeroporto para a mocidade destinataria do programa. Con Emigración colabora a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar Social, que se fai cargo da programación das actividades, traslado do aeroporto ao albergue, e do aloxamento e manutención.

Trátase dun número de prazas reservado ao colectivo da diáspora, co obxectivo de fornecer as ligazóns que relacionan a estes mozas e mozos coa terra dos seus familiares e que, en moitas ocasións, senten como propia por riba dos países onde teñan nacido. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da súa familia que quedaron na Galicia territorial.

Enriquecemento mutuo
Segundo atesoura a experiencia, nestes Campamentos de Verán, os fillos, fillas, netos e netas na diáspora comparten cos outros mozos e mozas galegos uns días de experiencias e intercambio que supoñen un importante enriquecemento mutuo, especialmente no caso dos residentes habituais en países de América Latina, que son o 99 por cento dos beneficiarios e beneficiarias.

Os rapaces e rapazas teñen entre 14 e 20 anos, e estarán un total de 12 días en varias instalacións dependentes da Xunta. Despois da súa estadía nestas institucións, e sempre que os seus familiares se fagan cargo deles ou delas, poden ficar aínda en Galicia por período máximo de 30 días.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas