GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración forma a directivos e directivas de entidades galegas nun curso que se celebrará esta semana no Centro Galicia de Bos Aires

(12/07/2011)

Emigración forma a directivos e directivas de entidades galegas nun curso que se celebrará esta semana no Centro Galicia de Bos Aires

 
 
martes, 12.07.2011
  • O encargado de impartilo, xefe de gabinete da Secretaría Xeral, propiciará o debate sobre os retos de presente e futuro da galeguidade.

 

A Secretaría Xeral da Emigración organiza o vindeiro xoves e venres en Bos Aires un curso de formación para directivos e directivas de entidades galegas na República Arxentina, que impartirá o xefe de gabinete da propia Secretaría, Ildefonso de la Campa, e que responde ás peticións realizadas por parte dos propios destinatarios e destinatarias. Ambas conferencias terán lugar no Centro Galicia de Bos Aires ás 18,30 horas do xoves e venres.

O asunto sobre o que pivotará a conferencia do xoves é Protocolo, cerimonial e organización de actos para entidades galegas no exterior, e o venres terá lugar unha charla- coloquio en torno a Entidades galegas: liderado e retos da galeguidade do século XXI, dúas materias sobre as que ten expresado o seu interese boa parte da colectividade galega no estranxeiro.

Precisamente, con este segundo evento preténdese, por parte da Secretaría Xeral da Emigración, avanzar na definición da nova galeguidade que xurde como consecuencia de múltiples factores: as novas tecnoloxías e a revolución que implican na comunicación internacional, a extensión do uso dos medios de transporte ata o de agora vedados economicamente para boa parte da diáspora, o necesario recambio xeracional nas entidades da diáspora, etcétera. De la Campa será o encargado de fusionar a visión que da Galicia do exterior se ten na administración autonómica, coa que acheguen os propios protagonistas da presenza galega no exterior.

Os interesados e interesadas poden asistir de balde e sen inscrición previa

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas