GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigrantes latinoamericanos sofren o impacto da crise en España e EE.UU.

(12/07/2011)

Inmigrantes latinoamericanos sofren o impacto da crise en España e EE.UU.

Wáshington, 11 xul (EFE).- Os inmigrantes latinoamericanos, cuxo principal destino é España e Estados Unidos, sufriron o impacto da crise de forma máis "severa", segundo un informe publicado hoxe pola Organización de Estados Americanos (OEA).

O Sistema Continuo de Reportes sobre Migración Internacional nas Américas (SICREMI) publicou o primeiro Informe de Migración Internacional nas Américas, elaborado xunto á Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL).

Segundo o informe, presentado polo secretario xeral da OEA, José Miguel Insulza, ao redor do 80 por cento dos emigrantes das Américas viven en España e Estados Unidos, dous países que padeceron os efectos da crise de forma "especialmente" dura, o que tivo fortes repercusións para este colectivo.

A cifra de traballadores migrantes afectados polo desemprego entre 2008 e 2009 en Europa e Estados Unidos foi do 13,8 por cento fronte ao 9,1 por cento para os nados no país, segundo indica o informe, que asegura que durante os períodos de recesión os estranxeiros vense "máis severamente afectados" que os nacionais.

Insulza explicou que isto se debe, en gran medida, a que os inmigrantes traballan en sectores "máis dependentes á variación cíclica, como a construción, o aloxamento e a alimentación" e a renovación dos seus contratos depende das perspectivas económicas.

Iso tamén tivo un impacto no envío de remesas. Logo de varias décadas de crecemento case continuo, os fluxos cara aos países de América Latina e Caribe caeron un 12 por cento entre 2008 e 2009, e non se recuperaron completamente durante 2010.

As remesas desde Estados Unidos cara a México e O Salvador -as dúas comunidades latinoamericanas máis numerosas no país- diminuíron un 18,6 por cento e un 4,2 por cento, respectivamente.

No caso de España, as remesas cara a Ecuador caeron un 27 por cento, desde os 1.280 millóns enviados en 2007 aos 944 millóns en 2010.

O informe sinala que "sen dúbida custará un gran esforzo de recuperación reabsorber todos os excedentes actuais de oferta de man de obra".

No entanto, a pesar da "complicada" situación económica que "persiste" en Estados Unidos e España, a tendencia a emigrar tamén "persiste" e non se rexistraron movementos "significativos" de retorno aos países de orixe.

Insulza recordou que Latinoamérica se converteu nas últimas décadas de destino de inmigración, principalmente de Europa, a exportador de emigrantes, "a gran maioría por razóns económicas", cara a países máis desenvolvidos como Estados Unidos, Canadá e España.

Ademais, sinalou que se rexistrou unha tendencia á migración interregional "moderada, pero en progresivo ascenso" onde Arxentina, Venezuela, Costa Rica e Chile, foron os principais receptores de inmigrantes doutros países da rexión.

No acto de presentación do informe tamén participaron o ministro de Gobernación, Policía e Seguridade Pública de Costa Rica, Mario Zamora; o observador permanente adxunto de España ante a OEA, José María de la Torre -país que promoveu o informe-; e a directora da oficina da CEPAL en Wáshington, Inés Bustillo, entre outros.

Zamora destacou o valor deste informe, que a partir de agora será anual, para evitar os "mitos, prexuízos e estereotipos" cos que se tratou a inmigración e axudar a enfocar "mellor" as políticas públicas para adaptar os servizos ás necesidades sociais dos migrantes.

Pola súa banda, o representante español destacou o importante papel da inmigración en España e a "facilidade de integración" da comunidade latinoamericana coa que durante cinco séculos "compartimos lingua, relixión e un espírito común".

"Non concibiriamos España sen inmigración", dixo e recordou que España, con 42 millóns de habitantes, ten 7 millóns de inmigrantes, que supón o 16 por cento da poboación.

De la Torre asegurou que nun futuro próximo Latinoamérica volverá ser receptora de inmigrantes "debido ao importante desenvolvemento económico que está experimentando nos últimos anos".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas