GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta inviste máis de 200.000 euros en bolsas universitarias para fillos, fillas, netos e netas de emigrantes galegos e galegas

(11/07/2011)

A Xunta inviste máis de 200.000 euros en bolsas universitarias para fillos, fillas, netos e netas de emigrantes galegos e galegas

 
 
mércores, 06.07.2011
  • Cada axuda individual non pode superar os 6.000 euros por ano académico, que inclúe matrícula, material, manutención e transporte (agás a primeira viaxe).

  • O prazo para presentar as solicitudes remata o 6 de agosto.


O Diario Oficial de Galicia ven de publicar na súa edición deste mércores as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos e galegas residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2011-2012.

O Consello da Xunta acordara autorizar a adquisición de compromisos de gasto plurianual, por parte da Secretaría Xeral da Emigración, para facer fronte a este programa de bolsas. O acordo contemplaba como novidade que a Secretaría Xeral da Emigración asume o orzamento do programa, ata o de agora compartido con outros departamentos autonómicos.

Cada persoa beneficiaria, cando estea matriculada nalgunha das tres universidades galegas, ou nalgún centro de Formación Profesional da Comunidade Autónoma, recibirá unha axuda anual de seis mil euros, cos que deberá afrontar tódolos seus gastos persoais de aloxamento e manutención, ademais dos de matrícula e gastos en material académico. Só durante o primeiro ano de matrícula en Galicia percibirá un complemento –un pago único doutros mil euros- para a viaxe de inicio de curso.

No caso de que o beneficiario ou beneficiaria curse estudos por sistema de intercambio (é dicir, que o título se expida finalmente pola universidade de fóra de Galicia), a contía rebáixase ata catro mil euros se os estudos a cursar son unicamente para un cuatrimestre, se ben a persoa beneficiaria pode igualmente gozar da axuda inicial de mil euros para viaxe.

Incentivar a excelencia
As bases da convocatoria estipulan que un 30 por cento da contía anual da axuda embárgase ata final de curso, de maneira que só se percibe no caso de que se teña aprobado, por parte do beneficiario ou beneficiaria, polo menos a metade dos créditos nos que se matriculou. Igualmente, para a renovación de axuda no cursos subseguintes, deberá ter superado polo menos o 70 por cento deses créditos.

Ata o de agora, cada curso, arredor dunha trintena de mozos e mozas, na súa inmensa maioría fillos, fillas, netos ou netas de emigrantes galegos e galegas na diáspora, se teñen beneficiado deste programa. A intención do Goberno galego é manter e, na medidas das posibilidades presentes e futuras, fornecer esta iniciativa, polo que significa de reforzo das ligazóns entre a Galicia territorial e a do exterior, neste caso a través do intercambio de saberes e coñecementos.

Prazo e orzamento
O prazo de presentación das solicitudes por parte dos posibles beneficiarios e beneficiarias do programa prolongarase durante un mes natural contado desde a publicación das bases, polo tanto rematará o vindeiro 6 de agosto. Nas bases da convocatoria tamén se especifican os lugares e modelos de solicitude que se poden empregar para cada caso, e tamén se reflicten as causas de posible exclusión da convocatoria.

Para a concesión destas bolsas destinarase un total de 209.000 euros, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2011 e tamén de 2012, por tratarse dun programa plurianual, por canto se prolonga durante todo o curso académico, e por tanto tamén durante parte do ano natural seguinte. Concretamente, resérvanse 142.800 euros neste ano 2011, e se investirán os restantes 66.200 euros con cargo ao orzamento autonómico de 2012.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas